Novo libro sobre a Igrexa visigótica de Sta. Comba de Bande

Santa comba de Bande-Igrexa
Novo libro sobre a Igrexa visigótica de Sta. Comba de Bande

Presentarase mañá 12 ás 19:00 na propia igrexa

Fai cen anos oficializábase a declaración como Monumento Nacional, converténdose no primeiro edificio da provincia de Ourense en acadar tal distinción.

Ao longo desta centuria foi obxecto de varios programas de intervencións encamiñados a súa conservación, mantemento e restauración por parte das diferentes administracións, así como traballos de estudios e investigacións que nos permitiron dilucidar a súa historia.

Un itinerario pola súa orixe, historiografía e acompañándonos nunha visita guiada ao interior deste monumento, é o que nos expón Celso Rodríguez Cao no libro “Santa Comba de Bande”, cuxa presentación terá lugar mañá, día 12 de novembro, ás 19h. na mesma igrexa.

Neste acto estará acompañado por Anxo M. Lorenzo Suárez, secretario xeral de Políticas Culturais, e por Sandra Quintas Vázquez, alcaldesa do concello de Bande.

Santa Comba converteuse nun referente internacional e un monumento de imprescindible visita cando o turista se acerca a coñecer o Xurés, terras habitadas dende tempos inmemoriais.