Obradoiro de tracción animal para a xestión forestal en Bande.

bande
Obradoiro de tracción animal para a xestión forestal en Bande.

Obsérvase un crecente e renovado interese polo uso da tracción animal como unha fonte válida de enerxía.

Dentro do Obradoiro de Emprego Bioleboreiro, dos concellos de Bande, Celanova e Verea, desenvolverase mañá –día 9 de febreiro– a actividade "Tracción animal para a xestión dorestal" á que están convidados os alcaldes da Comarca da Baixa Limia.

O programa orientativo será o seguinte:

- Charla Divulgativa de 08:30 a 11:15 na Aula CEMIT do Concello de Bande (1ª Planta)

- Pausa Café de 11:15 a 11:30

- Demostración Práctica de Tracción Animal de 11:30 a 14:30 no Semilleiro de Bande (OU540 - km 37,5, entrada enfronte de almacén de construcción

Nos últimos anos ten gañado a tracción animal un papel importante como alternativa complementar aá tracción motorizada co aumento do uso de tal tecnoloxía en pequenas e medias explotacións agrícolas nos países máis desenvolvidos da Europa.

Obsérvase un crecente e renovado interese polo uso da tracción animal como unha fonte válida de enerxía. A necesidade de preservar a agrobiodiversidade, de reducir as emisións de carbono, de estimular a autosuficiencia e reducir o consumo de recursos non renovábeis contribuiu tamén para esta tendencia.

Na Baixa Limia, onde a utilización da tracción animal foi unha realidade constante ata hai pouco, e onde existen ainda pequenos produtores que continuan a recorrer a esta tecnoloxía, a APTRAN –Associação Portuguesa de Tracção Animal– ven por este medio propor a realización dunha xornada de formación, dedicado à xestión forestal sustentable.

Preténdese dotar aos formandos de información adecuada que permita recoñecer na tracción animal unha solución moderna, de menor impacto e económicamente viable, competitiva e sustentable, como complemento ou mesmo en alternativa aos modelos convencionais normalmente utilizados.