30 de septiembre de 2014, 23:05
Dende o 7 de novembro ata o 5 de xaneiro e con titulación oficial da Xunta de Galicia
A Escola de tempo libre XIRXILAR organiza xunto coa Asoc. Cultural Xóvenes Bandidos e o propio concello de Bande , un curso de monitores de tempo libre no albergue municipal de Bande en horario de fin de semana, comezando o venres as 15:30 e rematando o domingo as 15:00. A titulación acadada unha vez rematado o curso será da propia Xunta de Galicia. Para todos aqueles interesados podedes dirixirvos a [email protected] ou [email protected]