martes. 31.01.2023

Presentación do proxecto gañador do Centro Termal de Os Baños -Portoquintela- Bande

Celebraráse mañá 24 a partir das 12:30
Infografía 1 do proxecto gañador
Infografía 1 do proxecto gañador

Mañá, 24 de xaneiro de 2023, ás 12:30h. no salón de actos do concello terá lugar o acto de presentación do proxecto gañador e finalistas do concurso para a construción dun centro termal nos Baños (Bande).

A finais de 2022 e despois de varias reunións do xurado nas que efectuou unha revisión pormenorizada de todas as propostas presentadas, un total de 65, dábase a coñecer o gañador e finalistas do concurso de proxectos, a nivel de anteproxecto, coa finalidade de acadar a mellor proposta arquitectónica para a construción dun centro termal de nova planta e a posta en valor e aproveitamento da zona destas augas mineromedicinais e termais.

Por primeira vez o público poderá coñecer os proxectos das dez propostas finalistas e o equipo gañador presentará “Cyclopeus”, elixido gañador deste concurso en base á claridade da organización do espazo, así como a integridade no uso dos materiais cunha linguaxe arquitectónica coherente coas condicións do entorno.

Presentación do proxecto gañador do Centro Termal de Os Baños -Portoquintela- Bande