Presentan un turrón artesán feito con mel da Baixa Limia

SONY DSC
Presentan un turrón artesán feito con mel da Baixa Limia

Ademais deste produto, tamén se está traballando nun vinagre-fragancia de mel "que xa está probado e testado".

Varios produtores de mel da Baixa Limia –un do Xurés e outro de Lobeira– xunto co mestre de cociña Martín Álvarez, uníronse para elaborar un turrón artesán que conserva todas as propiedades do mel. Isto é debido a que o turrón non recibe ningún tipo de cocción.

Trátase dunha iniciativa máis para a revitalización do rural limián que se elabora, ademáis, con mel que sae das terras da Baixa Limia e do Xurés.

Trátase dunha iniciativa máis para a revitalización do rural limián que se elabora, ademáis, con mel que sae das terras da Baixa Limia e do Xurés. Os creadores pretenden "aportar un valor engadido a este produto que é excepcional, segundo nos avalan as analíticas realizadas".

_DSC2717_DSC2719

O acto de presentación deste novo turrón realizarase no Mercado do Xurés de Bande esta fin de semana e poderá adquirirse alí mesmo todos os primeiros domingos de mes.

Ademais deste produto, tamén se está traballando nun vinagre-fragancia de mel "que xa está probado e testado". Neste intre só resta elaborar de xeito industrial e conrexistro sanitario o vinagre. Nesa mesma situación tamén se atopa o seu novo licor de mel.