Primeira "Xornada de Folclore" en Bande

Primeiro día das Xornadas de Folclore 2022
Primeira "Xornada de Folclore" en Bande
Acolléronse o martes 9 de agosto as primeiras Xornadas de Folclore que nas súas 36 edicións anteriores teñen acollido a máis de 400 grupos diferentes

Este pasado martes, 9 de agosto, Bande encheuse de música e bailes tradicionais de diferentes partes do mundo dentro do primeiro día da XXXVII edición das Xornadas de Folclore, festival organizado pola Deputación de Ourense e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e que conta co apoio da Xunta de Galicia.

Primeiro día das Xornadas de Folclore 2022

As 20:30 horas arrancou o evento, na Praza da Constitución de Bande, coas actuacións da Compagnie Artistique Mien-Moh, procedente de Costa de Marfil, Liga Tari Mahasiswa “Kridabudaya”, de Indonesia, e o grupo de Ballet Folclórico Municipal de Rancagua, grupo de orixe chileno.

As Xornadas de Folclore como vehículo de transmisión cultural

Primeiro día das Xornadas de Folclore 2022

Acolléronse en Bande, despois de dous anos de parón pola pandemia, as primeiras Xornadas de Folclore deste ano que nas súas 36 edicións anteriores teñen acollidas a máis de 400 grupos diferentes, con orixes en todos os continentes e de máis de 100 países distintos, converténdose nun potente vehículo de transmisión cultural e nun punto de encontro global de distintas músicas e bailes.

Durante toda a próxima semana, as 200 persoas participantes –incluíndo equipo técnico- na XXXVII edición das Xornadas de Folclore percorrerán as vilas e a capital da provincia de Ourense mostrando os espectáculos dos seus seis países de orixe.

Ademais, na xornada do domingo, 14 de agosto, Xinzo acollerá un desfile dos grupos procedentes de Costa de Marfil, Indonesia e Chile, que partirá ás 20:00 horas dende a rúa Toural ata a praza de Carlos Casares, onde as 20:30 horas terá lugar o festival folclórico.