Referendum de ortigas no Mercado do Xurés

Imaxe dun dos postos do Mercado do Xurés
Referendum de ortigas no Mercado do Xurés

O 1-O o Mercado do Xurés presenta dous novos embutidos de carne de cachena e ortigas.

"Orchizo" e "orchichón" son os nomes dos dous novos embutidos que este domingo serán presentados en Bande pola Asociación Estrugas.

Os interesados en coñecer este produto e degustalo poden visitar o Mercado Xurés en Bande o domingo día 1 de outubro de 10:00 a 20:00 horas

As ortigas son plantas moi ricas en minerais, achegando boas cantidades de ferro, calcio, magnesio, fósforo, potasio, cobre, boro, zinc, sílice e vitaminas A, B2, B5, B9, C e K. Ademais a ortiga achéganos clorofila e fibra.

É moi beneficiosa para previr ou combater os casos de anemia ferropénica debido ao seu contido en ferro e vitamina C. prevén e combate a caída do cabelo, e mantelo cunha boa saúde xeral. Nestes casos prepara unha decocción coa raíz e as follas, mellora afeccións como a pinga ou acedo úrico alto e as infeccións das vías urinarias como a cistitis ou a uretritis, axuda a combater o cansazo e a fatiga e é unha planta excelente para tomar durante períodos de convalecencia e recuperación física e mental ademais podemos usala como antiinflamatorio.

Desde hai anos a Asociación Estrugas deseña produtos cosméticos e alimentarios que faciliten o seu consumo. En Mercado Xurés xa se presentou ao comezo da tempada o queixo de ortigas que tivo unha gran acollida e agora súmanse a esta lista de produtos sans do Xurés o chourizo e o salchichón de cachena e ortigas.

Os interesados en coñecer este produto e degustalo poden visitar o Mercado Xurés en Bande o domingo día 1 de outubro de 10:00 a 20:00 horas onde ás 12:00 horas farase tamén a presentación da nova plataforma dixital nettleempaire.com especializada no consumo de ortigas.