Rematou a feira de produtos endóxenos celebrada en Bande

IMG_20190813_202507
Rematou a feira de produtos endóxenos celebrada en Bande

Moito público e sobre todo moitas vendas

Case todos os expositores da feira de produtos endóxenos da Limia estaban satisfeitos na tarde de hoxe en que se pechaba a feira.

Tres foron as casetas máis visitadas da feira. Quizás porque eran as que ofrecían produtos da terra para comer e degustar, e lóxicamente tamén pola calidade dos seus produtos.

O primeiro deles foi a de EIDOS DE IRIA, que ofrecía o seu produto estrela o aceite de oliva virxe de oliveiras do Xures, ademais de Abavides, Verín e Ribeira Sacra. Segundo nos IMG_20190813_200234

comentou o seu propietario a vez que produtor Eidos de Iria, é un aceite de oliva virxe extra galego. Cando se pensa, escríbese ou se fala sobre o aceite de oliva virxe extra ( AOVE), o último lugar que vén á cabeza sobre onde se produce este produto é en Galicia… e con todo, do mesmo xeito que as ‘ meigas’,” habelas hainas” ; non moito, certamente, pero haino , e o que hai é de gran calidade.

IMG_20190813_200008

Outra das casetas máis visitadas foi a dás conservas María Tola, xa cun nome no mercado, e que dende Bande ofrece esquisiteces que cumpren as súas premisas fundamentais de calidade, creatividade, tradición e sobre todo respeto polo medio ambiente.

E a última visita antes de abandonar a feira era a visita obrigada a Gastroneta de Mario cuxas “galeguesas” son famosas en toda a nosa terra, tendo que agardar a cola, como se pode comprobar na foto de dendealimia.com

IMG_20190813_200301

IMG_20190813_200337