Retíranse varias árbores do río Limia nas actividades de limpeza da CHMS

Árbores río Limia
Retíranse varias árbores do río Limia nas actividades de limpeza da CHMS

Destinouse unha brigada de 5 operarios especializados para a limpeza do río Limia nun tramo que abarca máis de 4,3 km de canle no seu paso por Bande.

A Confederación Hidrográfica del Miño-Sil (CHMS) continúa traballando na limpeza da canle e marxes dos ríos de Ourense. Nestes traballos a inversión prevista para 2022 supera os 2,4 M€.

Para a limpeza do río Limia destinouse a unha brigada de 5 operarios especializados. Concretamente para un tramo que abarca máis de 4,3 km de canle no seu paso por Bande.

Os traballos consisten na retirada de numerosas árbores caídas sobre dominio público hidráulico e zona de servidume. Tamén, as madeiras que provocan atascos en infraestruturas de paso e árbores en pé seco, que presentan risco de caída.

“Cremos que os traballos de conservación das canles son a clave para evitar problemas en momentos de caudal intenso que poidan provocar inundacións, ou prexudicar a estabilidade das infraestruturas de paso”, explicou o presidente.

Ademais concluíu expresando que “Esta retirada de árbores e madeira realízase a petición do Concello de Bande, en beneficio da colaboración entre administracións que presta a CHMS ante calquera actuación que redunde na conservación e mellora das nosas canles fluviais e para evitar danos ás persoas e aos seus bens”.