O río Badella recibirá unha inversión de 380.000 € para limpeza e continuación dun sendeiro de 800 mt.

O río Badella recibirá unha inversión de 380.000 € para limpeza e continuación dun sendeiro de 800 mt.

O goberno provincial, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o Concello de Bande asinaron esta mañá un convenio de colaboración

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, asinou esta mañá un convenio de colaboración coa alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, para levar a cabo o proxecto de prolongación do acondicionamento da canle e marxes do río Badella ao seu paso polo núcleo urbano de Bande.

Momento da firma do convenio
Momento da firma do convenio

A inversión total necesaria para esta actuación será de 380.000 euros, dos que a Deputación de Ourense aportará 76.000 euros.

O proxecto recollido no convenio consiste na prolongación en 800 metros do sendeiro paralelo á canle do rio Badella, obra xa executada no 2014. Este novo acordo entre as tres administracións tamén inclúe a limpeza do río e o tratamento silvícola da vexetación da ribeira fluvial. Unha vez rematada a obra, o Concello de Bande pasará a ser o encargado da xestión, mantemento e conservación deste espazo natural.