Soan as campás do Entroido en Bande

troteiros21
Soan as campás do Entroido en Bande

O Entroido chega da man dos Troteiros para animar aos veciños de Bande

O vindeiro sábado 31 de xaneiro, Bande terá o pracer de contar coa visita dos Troteiros polas aldeas do concello para animar a xente e dar comezo a que é unha das festividades mais importante da rexión: O Entroido.

O Troteiro é o personaxe característico do Entroido de Bande. Despois de 60 anos, estase a recuperar esta figura que tan importante é para o pobo. A súa indumentaria consiste en cubrirse o corpo cun cobertor ou unha sabana e con un tapete que lles oculta o rostro. Por detrás, levan outro tapete cas iniciais de Troteiro. Pola cintura, engaden unha correa a que se lle colgan uns \“chocallos\” que cumpren coa función de anunciar a súa chegada. Coma engadido, levan unha barra na man que empregan para lle levantar os vestidos as mozas.

O domingo celébrase o desfile de comparsas e carrozas amenizado polas charangas e que conta cunha entrega de premios para os gañadores.

O luns será o día máis esperado polos cativos, posto que se celebrará a festa infantil no salón de actos da casa do concello. O martes chegará cheo de sorpresas, o baile de máscaras fundirá o pobo nunha máxica tarde, con premios incluídos.

E, como non pode ser doutra maneira, o Entroido rematará o mércores co enterro da sardiña.

Moitas outras actividades como talleres de máscaras e capuchóns vos esperan nunha semana chea de festividade.