Os Troteiros de Bande levarán as súas chocas por 29 aldeas

troteiros21
Os Troteiros de Bande levarán as súas chocas por 29 aldeas

O sábado visitarán os pobos da contorna cos seus traxes

Os veciños e veciñas das aldeas saben que chega o Entroido cando escoitan ós Troteiros danzando coas súas chocas. Cada ano fan un percorrido polos pobos anunciando que chega o tempo da troula e a diversión.

Cos seus traxes recorren os pobos e moitos dos veciños agradécenlle a visita abríndolles as portas das súas casas e convidándoos a bica e a algo de beber. Aproveitan a súa vara de madeira para facerlle algunha que outra falcatruada á xente que se atopan no seu trote ou mismamente botar un baile.

Outro dos elementos que os caracteriza é o seu sombreiro decorado con postais que enviaban os mozos as súas mozas e un espello contra o mal de ollo. Soen levar a cara tapada cun tapete para que non se descubra a súa identidade. Visten camisa e pantalón cunhas cintas de cores e como non, as chocas e a vara.

Acompañados de música os Troteiros manteñen viva unha tradición que ninguén quere perder pois todos agardan con ilusión e ledicia a súa visita porque eso quere decir que o Entroido comezou. troteiros

Este ano a comitiva de Troteiros sairá ás 9.45h de Bande e percorrerá ata 29 aldeas, comezando en Rubiás onde chegarán arredor das 10h e rematarán en Lueda ás 19.20h.