Varios afeccionados acamparán este fin de semana no Aquis Querquennis

Varios afeccionados acamparán este fin de semana no Aquis Querquennis
Dende hoxe ata o domingo, levaranse a cabo actividades de recreación histórica no Aquis Querquennis de Bande

Estes días, dende hoxe ata o domingo, levaranse a cabo recreacións históricas no Aquis Querquennis de Bande. Estas xornadas están organizadas polas asociacións culturais de Recreación Histórica Legio IIII Macedónica e Recreadores de Galicia, Antiqvis Mores, en colaboración co Concello de Bande.

"Aquis Querquennis"

O Aquis Querquennis é un campamento militar no que as lexións romanas acampaban case a diario durante a súa conquista do territorio. Polo tanto, varios afeccionados acamparán este fin de semana no campamento recreando as actividades propias da época augusta.

Outras actividades

Esta recreación é a primeira das actividades organizadas no Aquis, xa que o seguinte venres, 29 de xullo, terá lugar a "Nocte Romanus". Por outra banda, o 6 de agosto o Centro de Interpretación acollerá unha mestura de música e astronomía no “Luces e sons de Aquis”.