Os veciños de Santa Comba de Bande denuncian o mal estado das marquesiñas das paradas de autobús

marquesiñas
Os veciños de Santa Comba de Bande denuncian o mal estado das marquesiñas das paradas de autobús

As estruturas teñen os cristais e o teito rotos

A xente de Santa Comba de Bande leva tempo pedindo unha solución para o mal estado das paradas de autobús. Hai dúas marquesiñas que teñen as placas de metacrilato rotas e ó redor delas hai moita maleza. Esto supón un problema para os usuarios das paradas pois a maioría é xente de idade avanzada que ten dificultades para acceder ó espazo. Agora comezan as fortes choivas e o mal tempo, e o feito de que as marquesiñas teñan os cristais rotos supón que a xente corra o risco de mollarse en canto esperan a chegada do autobús.

Os veciños e veciñas da zona denuncian a situación a través dun comunicado pois levan tempo reclamando unha solución que aínda non chegou. Manifestan que en numerosas ocasións acudiron ó Concello para pedir que arranxen as marquesiñas se lles corresponde e senón que trasladen o problema a quen sexa responsable. A día de hoxe seguen agardando unha resposta e xa empezaron a chegar os primeiros temporais con fortes choivas e vento.