“Viven o Verán 2018” cheo de actividades que ofrece o Concello de Bande

concello bande
“Viven o Verán 2018” cheo de actividades que ofrece o Concello de Bande

O longo do verán, iranse sucedendo unha chea de actividades todalas semanas, ofrecendo para todos unha chea de actividades tanto deportivas como culturais.

Onte, sábado 14 de xullo daban comezo as actividades que o Concello de Bande organizou para este verán co “Obradoiro Youtuber”, que se impartirá tamén o vindeiro sábado 21 de xullo, de 11h a 13h na Aula CeMIT de Bande.

O 5 de agosto farase o Mercado Xurés, as 9h na Antiga Praza de Abastos de Bande e a XI Andaina Popular & IV Trial, que sairá do Mercado Xurés as 9h e constará de dúas andainas, unha de 20km e outra de 16km, e as 9:30h arrancará o Trial de 23 km. Repartiránse aperitivos e recordatorios da proba, ademáis de sorteos. Para máis información no Pavillón de Bande. O 7 de agosto faranse as Xornadas Internacionais de Folclore as 20.30h na Praza da Constitución, con grupos invitados de Arxentina, Sudáfrica e Bielorrusia.

Entre os días 12 e 13 de agosto sucédense a maioría das actividades, a Exposición-venda de porcelana Limoges, a XXII Feira Mostra Recursos Endóxenos, a Presentación do libro de Juan Luis Folgar “Apología de la felicidad”, a actuación do grupo “O Fiadeiro” con baile e música tradicional, xogos para os máis cativos con Xogos de Auga e Fariña, a actuazción do Mago Deimi e “A maxia está nos libros”... Todo isto entre o 12 e o 13 de agosto. Outras actividades iranse sucedendo ata o 2 de septembro, onde volta a cerrar co Mercado Xurés.

Pero hai outras actividades como a Ludoteca e a Bibliopiscina, que se realizan tódolos días: a Ludoteca de xullo a septembro na Aula CeMIT de 9:30h a 14:00h, con entrada de balde; e a Bibliopiscina, entre xullo e agosto na piscina municipal de 15H a 20:30h.

Para máis información e Inscricións:

Oficinas Concello (988 443 001/4) (luns a venres de 9h a 14:30h)
Pavillón Deportivo 650 959 784 (luns a venres de 16:30h a 22h)
Biblioteca 988 443 020 (luns a venres de 9:30h a 14h)