Volven as escavacións no campamento romano Aquis Querquennis

Aquis querquennis
Volven as escavacións no campamento romano Aquis Querquennis

Esta cantidade destinarase á campaña de A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, outorgará unha subvención nominativa de 50.000 euros, en favor do Padroado da Fundación Aquae Querquennae-Vía Nova.

É a única subvención nominativa destinada a investimento recollido no orzamento do Organismo de conca para o ano 2021. A través da mesma, a Fundación executará parte dos traballos incluídos na campaña de escavacións que cada ano leva a cabo para continuar descubrindo os restos arqueolóxicos situados no pantano de As Conchas, río Limia, no concello de Bande.

“A través deste investimento, o Estado contribúe a apoiar a recuperación do valioso patrimonio cultural, arqueolóxico e natural, situado no propio encoro, así como para efectuar o control de que as actuacións executadas cumpran coa normativa de Augas” anunciou hoxe, José Antonio Quiroga, Presidente da CHMS, durante a reunión virtual do Padroado da citada Fundación.