A Xunta aposta polo emprendemento da mocidade a través de iniciativas locais en Bande

448
A Xunta aposta polo emprendemento da mocidade a través de iniciativas locais en Bande

A secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado Morales, participou na inauguración dunha xornada organizada polo concello de Bande ao abeiro desta liña de axudas.

A secretaia territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado Morales, participou hoxe xunto co alcalde do concello de Bande, José Antonio Armada, na inauguración dunha xornada dedicada ao emprendemento xuvenil no rural, organizada por este municipio ao abeiro da orde de subvencións destinada ás entidades locais para a posta en marcha de iniciativas locais á dirixidas á xuventude.

Este ano a Consellería de Política Social inviste máis de 600.000 euros destinados a apoiar este tipo de proxectos.

Dorado Morales subliñou a importancia da implicación dos concellos na realización de actividades para a mocidade de educación non formal e na participación xuvenil no ámbito local. Neste sentido, explicou que con esta liña de axudas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado se busca unha xestión máis eficaz dos recursos públicos que redunde nun maior beneficio para a xuventude galega.

Este ano a Consellería de Política Social inviste máis de 600.000 euros destinados a apoiar este tipo de proxectos. Na provincia de Ourense fináncianse a través do programa Iniciativas locais dirixidas á xuventude un total de 19 proxectos -16 impulsados individualmente por concellos e 3 por agrupacións de municipios- que supoñen un investimento de preto de 120.000 euros.

Ao abeiro deste programa enmárcase a xornada celebrada en Bande que contou cunha achega de 6.000 euros da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Esta iniciativa ten por obxecto ofrecer posibilidades para a mocidade e motivar a súa participación activa na sociedade. Así, a xornada co fin de frear o despoboamento no rural pretende difundir as potencialidades que existen neste ámbito para mellorar a empregabilidade xuvenil, poñendo en coñecemento dos potenciais emprendedores as ferramentas necesarias para a posta en marcha dunha iniciativa no medio rural e tratando de motivar a aqueles mozos e mozas que apostan polo rural.