A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, reuniuse hoxe co alcalde dos Blancos, José Manuel Castro, con quen tratou a posibilidade de implementar dous polígonos agroforestais nesta localidade ourensá, no marco da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.
Segundo o tratado na xuntanza, esta figura podería servir para poñer en valor senllas áreas nas parroquias de Aguís e Pexeiros, coa idea de dar servizo aos produtores de gando ovino do municipio. Cabe lembrar que os polígonos agroforestais están concibidos para devolver á produción grandes superficies de terreo, podendo combinar os usos agrícola, gandeiro ou forestal.