Detido un veciño de Blancos acusado de incendiario

iNCENDIto arquivoO lAROA
Detido un veciño de Blancos acusado de incendiario

C.R.C de 22 anos foi membro das brigadas contra incendios

A garda civil de Celanova, detivo esta mañá as oito e media a C.S.Q. de 22 anos e veciño de Os Blancos como presunto autor de sete incendios forestais ocorridos entre o 27 de agosto ata o 8 de outubro nun tramo da estrada entre Baltar e Cuquexos.

Os incendios afectaron a 13 ha. tanto de arboredo como de monte baixo, pero que necesitaron a intervención de medios contra incendios.

No momento da súa detención o presunto pirómano aínda estaba formando parte dunha brigada contra incendios.

O xulgado de primeira instancia de Xinzo será o encargado da investigación destes feitos.