Di que non sabe nada e tivemos 4 ou 5 reunións

José Castro, alcalde blancos
Di que non sabe nada e tivemos 4 ou 5 reunións

Penso que e un problema por promesas incumplidas a nivel persoal. Eu xa son portavoz e Presidente do PP de Blancos

José Castro, non está de acordo coas declaracións nun medio de comunicación da semána pasada no que o anterior presidente do PP manifesta estar molesto pola maneira como se fixeron as cousas do cambio.

O venres pola tarde e antes de que sairán novas declaracións no fin de semana, José Castro, alcalde de Blancos por APGa e agora xa nas filas do PP, quere informar a opinión pública da súa versión dos feitos.

Este cambio foi propiciado polo anterior Presidente.Non entende o alcalde o que di o Sr. Andrade.

Fai uns meses que comunicou o seu partido de que nin quería ser candidato a alcalde, e posiblemente non se presentaría como concelleiro, nin en Blancos nin noutro sitio

Tivemos 4 ou 5 reunións, dúas na Deputación, outras tantas nós aquí e outra os dous co Presidente Baltar. Non sei porque agora di el que non estaba enterado, e que se sinte defraudado.

Entre nos sempre falamos de propiciar un cambio dentro dunha unión, sempre contando cos apoios que tíñamos cada un. O que eu penso e que poden ser pretensións incumpridas persoais, pero craro eu neso non podo entrar.E certo de que aquí houbo unhas eleccións traumáticas, pero temos que mirar para diante en beneficio do pobo.

Falou xa cos concelleiros do PP?

Foime imposible, posto que non veñen nin ós plenos nin as reunións. Eu quixera explicarllo persoalmente, pero de momento foi imposible. O que si vou a facer e explicalo parroquia por parroquia e casa por casa.

O descordo e del persoal, non e do grupo. Eu estou aberto a recoller a todos os concelleiros, o rumor de que os concelleiros do PP, vanse a ir, soamente e iso un rumor.

Pola miña parte non quero que se siga con esta batalla. Pola miña parte o único que quero e o mellor para o pobo. Eu unha vez que el di que non quere, pois postuleime para poder estar eu a fronte do PP. Pola nosa parte, repito, non hai discriminación ningunha.

Quero dicir, que neste momento xa son eu o portavoz do PP e o Presidente local.

Pasamos despois a analizar estes tres anos de mandato, porque hai que recordar que as eleccións en Blancos remataron seis meses despois do resto de España.

Cando entrou o concello tiña unhas débedas inasumibles, ofrecendo varias veces a gobernabilidade do propio concello á Deputación e á Xunta, por velo inviábel.

Como están as arcas municipais?

Cando entramos a débeda era de 3.400.000€, e en solo dous anos e pouco, logramos reducila un 15% da maneira seguinte: Reducindo persoal, maquinaria e no alumeado público no que logramos dividir a factura pola metade. Para ter mais ingresos tivemos que subir o IBI e instauramos a taxa da auga. Servicio que xestiona directamente o propio concello.

Que hai desa inversión de 150.000 € prometida?

Pois entre a Deputación Provincial e a Confederación Miño –Sil van a facer unha ponte que reducirá 10 Km entre os pobos de Cerdeira e Pixeirós. E un plan de dúas anualidades, pero que comezará a finais de novembro.

Proxectos para o futuro?

Pois xa non para o futuro, se non para curto prazo podemos comunicar que en Abril do ano que ven abrirase unha Planta de Biomasa de transformación que fabricará o redor de dous millóns e medio de Kg de \“pellets\” ó ano, e creará uns 5 postos de traballo. A planta estará situada no pobo de \“O Castelo\”.

Tamén temos unhas vivendas de aluguer a moi baixo prezo, para fixar poboación. Neste momento xa se alugaron 4 na que viven 20 persoas.

Así mesmo temos axudas de libros para os alumnos. O que se fixo nestes anos foi INVERTIR A TENDENCIA un 100%, de cómo ía o Concello a como está indo agora.