Espazo Matrioska organiza un campamento artístico para nenos e adolescentes

matrioska
Espazo Matrioska organiza un campamento artístico para nenos e adolescentes

As inscricións xa poden realizarse a través da web www.aldeaenblanco.com.

O colectivo asentado na vila limiá dos Blancos, Espazo Matrioska, organizará, xunto coa Escola Black de Arte e Creatividade de Madrid, un campamento de arte e pensamento creativo para nenos e adolescentes de entre 10 e 16 anos.

O campamento recibe o nome de "Aldea en branco" e terá lugar na primeira quincena de xullo no mesmo municipio limián que acolleu a Matrioska. Os acampados realizarán actividades e xogos relacionados co mundo artístico no rural e sempre sen escapar do marco do tempo libre.

Os participantes pasarán as noites no campamento e convivirán cos artistas do Espazo Matrioska e da Escola Black. O concello dos Blancos cederá unha parcela onde se situará o campamento. Este espazo terá capacidade para 49 prazas, ao que se lle sumarán as instalacións do colexio público e o seu comedor.

As inscricións xa poden realizarse a través da web www.aldeaenblanco.com.