O PSdeG denuncia que "as festas do PP de Baltar" convertirán ao concello nunha sucursal da Deputación

anagrama PSDG-PSOE
O PSdeG denuncia que "as festas do PP de Baltar" convertirán ao concello nunha sucursal da Deputación

A voceirda do PSdeG nos Blancos, Emilia López, denunciou unh "situación dramática" que "aínda que foi herdada doutro alcalde do PP", o actual rexedor non fixo nada para mellorala porque é un secuaz caciquil".

O concello dos Blancos, o máis endebedado de España a causa do dispendio caciquil e das festas do PP do clan Baltar durante lustros, vai ser rescatado pola Deputación de Ourense de forma inminente, convertendo a este concello do sur da provincia unicamente nunha sucursal recadatoria. Así o solicitou o goberno local presidido por José Manuel Castro (PP) e así o vai aprobar a institución provincial no próximo pleno, trala correspondente solicitude á Xunta de Galicia. Os Blancos é actualmente un concello insostible cunha débeda de 1.599.903 euros á Seguridade Social e 42.456 euros máis coa Axencia Tributaria. Así mesmo ten que facer fronte a 527.232 euros en gastos de persoal, tras dopar esta administración local mandato tras mandato.

A portavoz socialista nos Blancos, Emilia López, denunciou unha "situación dramática".

A Deputación vai asumir o abastecemento de auga, saneamento, depuración, alumeado público e mantemento de vías públicas e o concello vai quedar sen secretario municipal, sen interventor e sen arquitecto, mentres que o resto do persoal e dos bens municipais van ser absorbidos pola institución. O portavoz do PSdeG-PSOE, Francisco Fraga, explicou que este rescate é "a consecuencia dos modos clientelares, paternalistas e caciquiles da Deputación de Ourense durante tantos anos de desgoberno dos Baltar a base de subvencións\” e \“as festas hai que pagalas máis cedo ou máis tarde". "A nós parécenos ben que os concellos se endebeden para ofrecer servizos ás persoas, dentro duns límites razoables, pero non para festas como estas que montou o PP por toda a provincia", matizou Fraga tras asegurar que "daqueles polvos, temos estes lodos, pois aínda que a Deputación non lle queda outra, estamos ante un exemplo paradigmático das formas dos caciques".

Emilia López insistiu en que se está a "vulnerar" o "dereito á información dos veciños e veciñas" ós que non se comunicou esta drástica decisión

A portavoz socialista nos Blancos, Emilia López, denunciou unha "situación dramática" que "aínda que foi herdada doutro alcalde do PP, o actual rexedor non fixo nada para mellorala porque é un secuaz caciquil de Baltar". López aseverou que "o alcalde chama a esto dispensa, pero en realidade é un rescate dramático porque quedamos sen concello, xa que agora será unicamente una sucursal recadatoria da Deputación" A socialista destacou que esta decisión vulnera a lexislación española e europea, posto que vai afastar a administración local dos habitantes do municipio, e denunciou que este rescate encuberto terá consecuencias moi negativas para os cidadáns: "Non quedan servizos na casa do concello polo que imos ter que nos desprazar para todo á Deputación, e ademais e van aplicar unha importante suba de impostos, por exemplo, o de bens inmobles".

Emilia López insistiu en que se está a "vulnerar" o "dereito á información dos veciños e veciñas" ós que non se comunicou esta drástica decisión, persoas que ademais teñen que soportar día tras día os comportamentos caciquís do rexedor conservador. Segundo destapou a concelleira socialista, nos Blancos hai censados 850 veciños pero o municipio conta con máis de 1.100 puntos de luz. Precisamente este é un dos capítulos dos orzamentos dos Blancos nos que se pretenden reducir gastos para rebaixar a débeda, pero mentres hai casas que non teñen ningunha farola pública preto da súa vivenda, o alcalde ten tres na súa casa: unha na fachada e tres no patio.