25 de septiembre de 2019, 21:03
O veciño dos Blancos, vivía habitualmente en Vigo e viñera a casa o fin de semana, segundo as súas declaracións e fixo un lume para asar uns chourizos. Recordar que era un dos fundadores do movemento ecoloxista da Limia (MEL).
Ante o recurso presentado pola Fiscalía, despois da sentenza da Audiencia Provincial, que no seu momento xa considerou que non había risco real para as vivendas e as persoas pola situación en que estaba o lume, o TSXG ratifica a condena a nove meses de cárcere e ao pago dunha multa de 1.620 €.