A Xunta investirá 50.000€ en varias rúas de Nocelo ( Os Blancos)

210427 OsBlancos2
A Xunta investirá 50.000€ en varias rúas de Nocelo ( Os Blancos)

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reuniuse onte co alcalde

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, adiantoulle ao alcalde dos Blancos, José Manuel Castro, que hoxe mesmo se publica a licitación da mellora de varias rúas do núcleo de Nocedo.

Nunha reunión telemática celebrada na tarde de onte, a conselleira indicoulle que a plataforma de contratos públicos da Xunta publica este martes por preto de 50.000 euros a licitación deste contrato, co que se quere mellorar este espazo para fomentar a convivencia veciñal.

210427 OsBlancos1A conselleira e o rexedor repasaron na xuntanza este proxecto e outros de interese para o municipio en materia de ordenación urbanística. O obxectivo é colaborar naquelas iniciativas que melloren as infraestruturas municipais, sobre todo naqueles casos nos que as posibilidades económicas das entidades locais así o requiran.
No caso concreto da actuación prevista nos Blancos, as obras consisten na rexeneración do pavimento do pobo de Nocedo, para mellorar o acceso e a comunicación a través da rede de estradas. Ademais, tamén se levarán a cabo traballos de roza e limpeza, así como a colocación de mobiliario urbano.
A conselleira e o alcalde coincidiron en que, deste xeito, se permite o aumento da calidade de vida desta zona rural e se contribúe a fixar poboación.

Outro dos temas abordados na reunión foi a vivenda pública no concello. Sobre isto, Ánxeles Vázquez recordoulle ao rexedor a necesidade de achegar a documentación técnica para a execución de inmobles, co fin de verificar que se cumpren requisitos básicos de funcionalidade, seguranza, habitabilidade e/ou accesibilidade.