“O proxecto do Bng de Xinzo ten respaldo político” , así o afirmaba onte Camilo Vila ó remate da reunión de traballo con Anxo Quintana, alcalde de Allariz durante dez anos antes de dar o salto ó Parlamento Galego. Quintana foi protagonista na transformación de Allariz e sobre todo, no deseño dun plan estratéxico que malia ter 30 anos, está plenamente vixente e é a guía que vertebra o traballo político no municipio do río Arnoia.

Quintana axudou a deseñar a estratexia post-electoral validando as propostas que ten enriba da mesa o Bng de Xinzo para continuar o seu traballo coa mesma disciplina e cariño coma o último ano no que se aumentaron as afiliacións un 50% e se sumaron ós cadros de traballo 46 persoas.
Para rematar, Anxo Quintana defendeu a liña de traballo seguida e pide que “non se desvíe a atención nin un segundo porque hai un proxecto político detrás do Bng que avala o que se está facendo e o apoio ó equipo de Camilo que leva na dianteira a Manuel Pozo, Alba Feixóo, e Marta e Marta Joga é total.”