O BNG DE CAMILO VILA CHEGA TAMÉN Ó DEPORTE

Candidatos do BNG coa directiva do Antela
O BNG DE CAMILO VILA CHEGA TAMÉN Ó DEPORTE

O equipo do líder do Bloque mantivo reunións nos últimos días cos dous clubes senlleiros no Concello, AB Xinzo e Antela FC.

O éxito dos equipos de Xinzo transcende os resultados deportivos e apunta cara a representación do nome do Concello por Galicia adiante e tamén polo valor educativo do deporte, onde teñen especial relevancia clubes como Limiactiva ou EDC Xinzo, con quen manterán xuntanzas unha vez se constitúa o novo equipo de goberno, ó igual que con outros equipos coma o Piñeira Seca FC, cuxo esforzo é encomiable desde fai vinte anos.

IMG-20230525-WA0000
IMG-20230525-WA0000

Camilo Vila transmitiu o seu orgullo pola imaxe que dan ambos clubes. Na reunión con Luis Miguel Gil púxose o foco no esforzo do clube para que as familias poidan asumir con tranquilidade os custos que ten a práctica do deporte, especialmente as viaxes. A evolución do AB Xinzo nos últimos anos non se lle escapa a ninguén e o compromiso de Vila está en apoiar esta dinámica xa dende a Casa Consistorial: “a xestión económica é transparente, a deportiva é exitosa e a educativa é garantía para o futuro da mocidade de Xinzo”.

No relativo ó Antela, Vila felicitou á directiva pola exitosa permanencia na Preferente cuns resultados non vistos en 20 anos na Moreira cando, casualmente, o propio candidato a Alcalde xogaba no equipo. Vila refereriuse a outras claves do éxito alén da directiva: “o afección respondeu coma nunca tamén cando viñeron mal dadas, o apoio económico e loxístico das empresas é imprescindible e considero que os xogadores de Xinzo e da comarca son a pedra angular deste proxecto e deste éxito”. Na reunión, traballouse principalmente na conveniencia dunha relación institucional construtiva e colaborativa onde Concello e Antela vaian da man.

Vila defendeu nas reunións mantidas a súa aposta polo potencial de representación que ten o Concello e como debera usarse para promocionar ós clubes e ó deporte.