"O BNG CONSOLIDA A EUFORIA NA METADE DA CAMPAÑA"

Instantanea dun mitin do BNG na campaña 2023
"O BNG CONSOLIDA A EUFORIA NA METADE DA CAMPAÑA"

Chegado o ecuador da campaña, o equipo de Camilo Vila valora como “euforia crecente” o contacto coa veciñanza de Xinzo.

A metade da campaña tivo un fito que marcará o resto da mesma e terá un impacto directo no resultado electoral do 28 de maio e é o debate público celebrado na tarde do venres na Casa de Cultura de Xinzo de Limia. Camilo Vila foi, sen dúbida, a sorpresa positiva dun acto no que a educación, corrección e espírito construtivo foron a tónica xeral.

media campaña (3)
media campaña

O líder do Bng soubo conectar cun público desexoso de ilusión, realismo e honestidade. O potencial comunicativo e agudeza de Camilo Vila non pasou desapercibida. O Bng destapou sen complexos as súas intencións de construír un proxecto estratéxico e económico para Xinzo da man de outras forzas política por exemplo, humanizando a vila a partir dunha circunvalación pola súa cara sur.

A xefa de comunicación, Mirian Opazo, cualifica a rolda polos pobos como

“éxito sen precedentes para esta forza, aumentando un 200% o poder de convocatoria respecto de 2019”.

Participaron xa máis de 500 persoas nos mítins que a caravana de Vila levou por Faramontaos, Moreiras, Paredes, Rebordachá, Damil, Trandeiras, Soutelo de Pena, Pena, Seoane, Fiestras, San Pedro, Piñeira Seca, Solveira, Pidre, Boado, Gudín, Mosteiro de Ribeira, Novás, Queirugás, Mosteiro e Guntimil. A idea máis aplaudida é a aposta polas Vivendas Comunitarias públicas en contraposición ás macorresidencias de xestión privada.