O Bng de Xinzo critica con rotundidade a inviabilidade dun proxecto que prometen as outras forzas políticas que se presentan á alcaldía. Camilo Vila, educador social, e Alba Feixó, avogada e número 3 da lista de Vila, estudaron as propostas que abandeiran Psoe, Áxil e PP extraendo unha conclusión: nin se axustan a criterios de viabilidade técnico-xurídica nin económico nin responden ás necesidades das persoas maiores do concello. Considérano “efectista e enganoso”.
A aposta do equipo de Vila é unha rede de Vivendas Comunitarias Públicas situadas en núcleos rurais cunha capacidade máxima de 12 prazas para manter o modo de vida rural e cunha carga económica asumible polas persoas.