O BNG DE XINZO FALA CO COMERCIO

comerciantes (1)
O BNG DE XINZO FALA CO COMERCIO

Para o deseño do seu proxecto e para presentar a súa liña de traballo, o equipo de Camilo Vila tense reunido con diferentes axentes do comercio local.

Camilo Vila convidou ós comercios asociados a ProLimia a unha reunión de traballo na que participou o deputado no Parlamento de Galicia, Iago Tabarés, para analizar a evolución e situación do sector en Xinzo de Limia e poder trazar liñas de futuro. As persoas asistentes lamentaron o momento que se atravesa e poñen o foco en dúas causas: cambio de dinámicas de compra con impacto co comercio electrónico e perda de poboación no municipio e na comarca. O Bng comprometeuse a explorar incentivos para reverter a tendencia.

comerciantes (1)
comerciantes (1)

Tamén se reuniu o líder do Bloque cos comerciantes da Praza de Abastos, que acusan especialmente a falta de xente e expuxeron ideas interesantes para revitalizar o espazo, extremo que agradeceu especialmente o equipo de Vila.