MULLERES E EQUIPO, SÍMBOLO DO BNG

Mulleres do BNG
MULLERES E EQUIPO, SÍMBOLO DO BNG

A candidatura do BNG destaca polo potencial que lle aportan as mulleres implicadas na mesma.

A importancia do traballo en equipo radica na capacidade de alcanzar resultados mellores e máis significativos que os que poderían lograrse individualmente. O Bng armou desta vez unha escuadra sólida sobre unhas bases heteroxéneas que reflexan a diversidade nas súas filas.

Encabeza Camilo Vila, pedagogo e educador social, unha lista que destaca pola súa calidade e pola relevancia que lle outorga ó equipo. O candidato a alcalde declarou recentemente “respondo por toda a miña lista, do número 2 ó 23” nun alarde de confianza na súa xente.

mulleres (1)
Mulleres do BNG

Máis alá de só figurar, as dez mulleres xogan un rol determinante. Destaca Lucía Novoa (psicopedagoga) como coordinadora da campaña, Alba Feixóo (avogada) como coordinadora da xornada electoral, Mirian Opazo (artista) como coordinadora de comunicación, Marta Joga (educadora) como coordinadora de estratexia e Xaira Pena (sanitaria) como coordinadora de axenda. Ademais delas, están traballando arreo outras mulleres moi representativas na vila coma Sabela Seara, Leticia Diz, Sheila Fernández, Carmen Cuquejo ou Manola Fiz, a grande fichaxe que se reincorporou ás filas do Bng de Xinzo logo de ser unha referencia vinte anos atrás.

Lucía Novoa enorgullécese da representatividade: “fuximos de liderados persoais e directivos, somos un equipo e chegaremos moi lonxe con el porque nos respalda xa unha liña de traballo que vimos executando desde que decidimos revisar o noso proxecto

Para o Bng de Xinzo a igualdade só será posible con propostas valentes e plurais realmente implicadas na deconstrución das estructuras sociais que impiden os seus obxectivos.