Segundo o BNG, o debate de onte gañárono eles

cats
Segundo o BNG, o debate de onte gañárono eles

Camilo Vila, candidato á alcaldía polo Bng, destacou no debate radiofónico emitido pola Cadena Ser na tarde de onte, martes.

Nova ausencia do PP nun espazo de confrontación de ideas e defensa de proxecto político para Xinzo. Si que estiveron a do grupo socialista, o de Alternativa por Xinzo e o do Bng.

O formato variou respecto do grande debate público do venres 19 e permitiu réplicas ás intervencións que permitiron profundizar máis nas propostas de cada partido.

O debate comezou pola área económica e foi onde existiron os maiores consensos no relativo á aposta pola transformación de produtos do sector primario e ampliación do polígono industrial. As discordancias chegaron no apartado das Políticas Sociais, onde Camilo Vila aproveitou a súa formación e traxectoria profesional para defender as súas propostas e identificar os erros das do resto.

No capítulo de pactos e acordos, nada novo. O Bng insiste na súa ideoloxía de esquerdas, o Psoe en que quere gobernar e aceptará apoios e Áxil non desvela se pactará ou non co PP malia as referencias que houbo a este último como responsable da situación económica do concello limiao.