Café con.... Rafa Penabad, un concelleiro pouco convencional

Rafa Penabad
Café con.... Rafa Penabad, un concelleiro pouco convencional

“As flores, as macetas, as pedras e os bancos non son do concello, son dos veciños.

Pouco dado as entrevistas, tivemos que invitar ao concelleiro de Servicios Públicos Estructurais, Deporte e Infraestructuras Rafa Penabad a un café, que acabou pagando el, para que nos fixera unha “foto fixa” de como están agora mesmo as áreas que el controla. Tardou en arrancar, pero ao final vimos a un Rafa, que poucas veces atopamos, dicharachero, simpático nas contestacións, e moi moi irónico, a preguntas que non quería contestar, moi lonxe do Penabad que estamos acostumados a ver, unha persoa que asemella estar un pouco “cabreado” co mundo en xeral.

Rafa 2
Rafa

O primeiro dos temas dos que falamos foi sobre a campaña de actividades deportivas que se presentou por parte da concellería deportes que el leva dende fai tres anos.

Cualificou as actividades presentadas para a campaña estival como a máis ambiciosa de todas as súas edicións, dentro da intención que ten o concello de seguir mantendo a súa aposta pola vida activa, saudable e por ser punto de encontro de importantes eventos.

Dentro destas actividades e como inauguración da “pista ciclista e peatonal” que vai a Moreira tratarán de organizar un roteiro ciclista con nenos. Para esta xornada aínda non hai data proposta. Tamén a organización dunha OCR O Camiño Race carreira de obstáculos” puntuable para o Campionato Galego.

Rafa 4
Pista peonil e de bicis

Esta proba intentarase que estea o mais preto do pobo, a poder ser por lugares do barrio de abaixo para que todo o mundo as poida desfrutar. O ano pasado non se puido celebrar pero nesta edición se espera que pase polo centro de Xinzo para darlle a maior proxección posible. O evento está organizado por Fusión Fitness en colaboración co Concello.

Para rematar este apartado incide en que As actividades de verán están pensadas principalmente para nenos e o seu período vacacional, pero a oferta limiana inclúe a todos, maiores, novos e pequenos para que pasen os meses de verán practicando deporte ou lecer en movemento.

Despois dos primeiros sorbos pasamos a un tema que o “trai de cabeza”, cal é a das contínuas roturas dos cristais das pistas de padel. Levamos cinco cristais rotos en dous meses”. As causas descoñécense, aínda que se descarta que sexa obra do vandalismo.

Cando o café xa estaba frio, chegou o tema máis candente que está a contecer, mais a miudo do que sería desexable cal é o dos destrozos acaecidos este fin de semana de bancos, plantas etc .A este respecto, Penabad, que tamén leva a área de Infraestruturas, apela “á conciencia de pobo” para que non se repitan actos como os de hai uns días, cando persoas descoñecidas causaron danos nas plantas ornamentais que embelecen diferentes puntos do municipio.

“As flores, as macetas, as pedras, os bancos son dos veciños, por iso temos que tentar velar polo ben de todos”.

Rafa 3

Na animada charla falou tamén dunha das súas pretensións que esperaba que antes de acabar esta lexislatura quedara polo menos encauzada. Non é outra que a do edificio que hain as piscinas exteriores que nunca se utilizou, e para o cal fai falla a colaboración de outras entidades como a Deputación a Xunta ou o Goberno Central para acometer o proxeto. . “O primeiro será buscar unha liña de financiamento para poder arranxar esa edificación porque ten moitas posibilidades”, expón o edil. A idea é que se converta en instalación multiusos que estaría dotada de cafetería e zona de aloxamento temporal para diversos colectivos que visiten a localidade, tales como campamentos infantís, asociacións ou equipos deportivos. Tería tamén sala de reunións e instalacións modulares adaptables segundo o número de público

Neste punto da colaboración, chegou a maior ironía da tarde no que se refire a Carlos Gomez, parlamentario do PP,. Haberá que chamalo, porque parece que dun tempo a esta parte si el non trae cartos ao pobo, non se da feito nada. Todo por 3.200 €....

Despois disto pasamos a outro dos temas que trae de cabeza ao concelleiro, cal é o do cambio de alumeado público por LED. Xa se abriron os sobres de adxudicación dos oito proxetos que acadan máis de dous millóns de euros e que espera que se poidan comezar a executar nos vindeiros meses. Por dous motivos, primeiro o aforro da factura eléctrica, e por outro iluminar dunha vez unha vila, que recoñece que permanece sempre en penunbra cada vez que o sol se vai.

Rafa 5
Edificio das piscinas para restaurar e poder utilizar

Para rematar e antes que nos sacaran os cafes da mesa preguntei polos rumores da compra por parte do Concello do edificio da plaza, o da estación do tren de Nadal, e a única resposta foi unha risa sarcástica e simplemente lle “quitei” que ese era un tema que había que falra coa “xefa”.

Este foi o primeiro café dunha nova tempada no que descubrimos a un Penabad, distinto ao que parece…..