Café con... Elvira Lama

Elvira Lama (alcaldesa de Xinzo)
Café con... Elvira Lama

“A tumba abierta”

Como comezo do fin da lexislatura quixemos tomar o café con...Elvira Lama, a primeira alcaldesa que tivo Xinzo e a primeira autoridade do pobo. Despois continuaremos cos outros candidatos, cando se saiban.

Encontrei a unha Elvira Lama, moi satisfeita, non era para menos o día (despois da reunión co Director Xeral de Estradas do Ministerio) e cunha muller bastante distendida, todo hai que dicilo, faladeira e creo que sincera. Non deixou de contestar a ningunha das preguntas tendo en conta que ela non sabía que o café derivaría nun “interrogatorio”

3

Eu estou as 24 pendente, sobre todo do correo, para ir desbrozando, e contestando cousas, aínda que sexa fin de semana, se non é imposible, se non é así acumulase o chollo de tal maneira que pasados dous días esquécense as cousas e xa non hai maneira de recuperar.

Elvira Lama, non solo transmite as súas opinións, inquedanzas ou estados de ánimo coas verbas, se non que na maioría das veces, como se pode comprobar nas instantáneas, faino moito máis coas expresión da cara e as mans.

Eu son como un martelo pilón ...

Esta é unha obra(a da entrada a Xinzo) de tal envergadura, que merecía un mandato. Pero nos podemos dicir que destas grandes obras, neste mandato temos dúas, a da avenida e a do cambio de luminarias en todos os puntos de luz, de Xinzo e sobre todo dos pobos, nos que por certo aínda quedan algúns, porque as empresas aínda están traballando.

NUNCA NESTE CONCELLO SE HABÍA PRANTEXADO O CAMBIO DE LUMINARIAS A LED

Un dos proxectos que Elvira enumera como estratéxicos, levados a cabo nesta lexislatura, é a do cambio de luminarias, que levará consigo loxicamente unha merma no consumo, na factura, independentemente da suba das tarifas e por suposto das avarias.

CONVENIO COA CHMS PARA O PROXECTO DO RIO

Este mércores que ven irá ao pleno a rúbrica do convenio coa Confederación Hidrográfica Miño Sil para o proxecto do río que se fixo, que conleva un paseo por ambas marxes do río, carril bici, iluminación correspondente e recollida das augas da parte dala do río, que a día de hoxe verten en condicións lamentables.

Elvira Lama, a catro meses do fin desta lexislatura declárase unha muller moi ambiciosa. Está satisfeita cos proxectos que deixa asinados e en marcha, pero tamén fala de outros proxectos que tanto ela como alcaldesa, como o seu grupo de goberno quería levar a cabo e que por unhas ou outras circunstancias, non puideron saír adiante. Por esa ambición, quere e espera que os veciños sigan confiando nela para poder seguir en solitario ou en co-gobernos.

Nin que dicir ten que nesta lexislatura houbo dous anos nos que tivemos que detraer cartos que íamos dedicar a obras a prioridades como foi a atención de persoas que nin que dicir ten, están antes que calquera outra intervención.

Qédanlle espiñas aínda cravadas?

5

Como calquera persoa que dirixe un concello, sempre quedan espiñas que se pensaba levar a cabo e no seu caso e tamén na do grupo é a instalación de empresas na tan esperada ampliación do polígono e por conseguinte a creación de postos de traballo, que é a única maneira de afincar poboación no rural. Nos tíñamos antes de entrar o compromiso de instalación de unha empresa de transformación do produto estrela noso, pero non puido ser. Esa quizás sexa a espiña mías grande que me queda.

EU NON CREO NOS “MIRLOS BRANCOS”

Pasamos logo ao plano estritamente político para falar da presentación de candidatos na comarca polo seu partido, na Baixa Limia xa se presentaron a semana pasada, e sincerase dicindo que aínda falta un pouco. En todos os sitios e a todos os partidos lles resulta difícil no rural, primeiro encontrar candidatos, e por suposto facer listas. Hoxe a xente está moi desencantada da política, e por outra banda eu non creo nos “mirlos blancos” eu creo en persoas implicadas.

A política significa renuncia persoal, familiar e moitas horas de dedicación.

Pasamos logo a falar da experiencia do cuatripartito durante estes case catro anos.

Un cuatripartito é unha situación que en poucos sitios se da, e aínda porriba disto que a fronte do mesmo estea unha muller. Un goberno formado por catro homes dirixido por unha muller é bastante complicado. Esta diferenciación é importante. A perspectiva non é a mesma. Hai diferencia de como se ve a xestión con maiúsculas e as pequenas cousas, dende unha perspectiva dunha muller a dun home. Non é a mesma na vida diaria, incluso nunha casa.

Podemos ser máis maniáticas nalgunhas cousas, mais detallistas . Todos sabemos a expresión popular que di: ¡como se nota a man dunha muller!. As mulleres soemos ser máis de consenso de reconducir certos enfrontamentos, propios da condición do ser humano.

6

Neste cuatripartito houbo e hai unha alcaldía e catro tenentes de alcalde, nunca houbo varias alcaldías por ser catro partidos. Nunca foi ánimo deste alcaldesa ocupar o espazo de ningún, se non sempre axudar e estar no momento que eu pensaba que debía estar por ser precisamente a representante de todos os veciños, aínda algunhas desas veces con gran sacrificio persoal e familiar. Hai momentos e situacións institucionais que eu penso que ten que estar a primeira autoridade.

Foi un equipo de goberno xeneroso nas negociacións e xeneroso nas ambicións. Souberon entender de que en moitos casos non podían facer cousas nas súas áreas, pero había que renunciar a facelas para outras que foran para o ben común.

Que pasará no futuro próximo?

Non teño unha bola de cristal para adiviñar o que vai a pasar, o que si teño claro é que necesito e necesitamos outros catro anos mais para materializar eses outros proxectos que aínda están no caixón, e que non son poucos. (A travesía, Trandeiras, Presa de Gudín...Museo Carlos Casares, Museo do Entroido para convertelo de verdade nun museo de referencia, melloras no centro de saúde etc. etc.

Un goberno formado por seis homes dirixido por unha muller é bastante complicado

Repetiría o mesmo cuatripartito sen ningún problema. Esta foi unha experiencia positiva, pola que moita xente non daba ningún peso, pero que foi moi positiva.

Cal foi a situación positiva que nunca imaxinou que viviría?.

Calquera experiencia con nenos e nenas, para min é moi gratificante, pero realmente a satisfacción máis importante foi o día que estaba presente na actuación da Banda de Gaitas de Xinzo no Festival de Strakonice, non solo representando a Xinzo e Galicia, se non a España, que era o que aparecía no escenario. Falar de tu a tu co alcalde de Strakonice, participar no desfile, no que a banda desfilaba no lugar de honra , iso non se esquece.

2
Toda a información está no telefono, que consulta a cada paso

Hai tamén outras satisfaccións do día a día que tamén fan que cando chega a noite durmas satisfeita polo que fixeche, neste caso con persoas individuais que acoden ao despacho solicitando pequenas cousas, que para elas son moi importantes.

Tamén houbo días nos que cando chega a noite, e non podes durmir e pensas , quen me mandaría a min meterme nisto?.

Deses confesa que houbo mais dos esperados, e sempre foi por non entender por que non podían saír adiante proxectos necesarios e che din que non podes por motivos alleos, como por exemplo non o permite o plan de endebedamento. Entre eses momentos está o de non entender por que ata o día de hoxe aínda non puidemos conseguir ter en Xinzo unha residencia de anciáns, coa falta que nos fai. Saen fondos para esa residencia e temos que buscar fondos, pero eu tirei para diante e presentei o proxecto e de momento está aí. Estes días aínda solicitaron máis documentación co cal ese proxecto aínda está vivo.

Rematando o café e tocando varias cuestións aparece a referencia da oferta musical e deportiva da vila, para nenos e nenas, a cal cualifica de espectacular, dándolle toda a razón ao ex-concelleiro de Cultura e deporte Luís Miguel cando afirmaba de que Xinzo tiña a mellor oferta nestes dous campos non solo da provincia se non de Galicia, moitas veces non solo en termos relativos se non absolutos.