Café con…Julia, Mª José e Mª Carmen

IMG_1584
Café con…Julia, Mª José e Mª Carmen

Unha vez máis, e como reactivación desta sección en dendealimia, tomamos café con tres mulleres, que se non dixeramos nada máis, poderían ser unas veciñas máis da nosa comarca, pero en canto viron a súa foto, todo o mundo se deu conta de que estas tres mulleres son a imaxe viva, dunha das cafeterías de referencia, non solo en Xinzo, se non en toda a Limia.

CARACAS 78

Este foi o primeiro nome que levou a este local, a ser uns dos máis frecuentados da época. Julia Campos, acompañada do recoñecido cariñosamente como o Sr. Pepe, abriron este establecemento , no que levaban pensando dende que no ano 57 se marcharon a \“gañar\” as américas.

Dende que chegaron a aquelas terras, a tamén recoñecida cariñosamente por máis de tres xeracións como Sra. Julia, traballaron a reo, ela como gobernanta dun hotel de luxo en Caracas, e o seu marido, enseguida se quixo poñer de autónomo , neste caso como propietario dun taxi.

En cando puideron alo polo 1975, voltaron a terra para comprar o baixo e despois dunha reforma \“moderna\” para aqueles anos, abrir o público una cafetería moi de familia.

O FÚTBOL E O CARIÑO, FORON O SEU ÉXITO

A novidade máis importante era un gran proxector para una pantalla xigante, que naquelas tiña un custe desorbitado, pero que grazas a iso, todos acudían ata o Caracas 78 para ver o fútbol os sábados e domingos.IMG_1581

Pasados uns anos, xa non eran solo o Sr. Pepe e a Sra. Julia, se non que tamén formou parte do persoal da cafetería a súa filla Mª José. Como dixemos varias xeracións de Xinzo, comezando por estudantes do instituto, que hoxe son pais e algún máis maiores, que xa hoxe son avós, pasaron pola barra do Caracas.

No ano 1999 deixou a cafetería o seu fundador, e o máis lóxico sería, traspasar ou vender, pero esa desafortunada situación non fixo se non, encher de forza a Sra. Julia, para continuar adiante co negocio e coa idea do Sr. Pepe, o cal vivía por e para o Caracas.

PRIMEIRA REFORMA

Sen pensalo dúas veces a propietaria encarga una reforma e continúa o fronte da cafetería, xa máis modernizada, pero sen deixar un ápice do referente que era o trato familiar, que un recibía e recibe en canto un traspasa as portas da cafetería. O único que pasou, foi que perdeu o número 78 para quedar simplemente como Caracas.

TODO POR AMOR E ILUSIÓN A SEUS AVÓS

Isto todo ata que fai 5 anos se incorporou a terceira xeración, tamén muller, a neta Mª Carmen, que despois de acabar os seus estudios,non tiña claro que quixera seguir co negocio, pero so pensar na ilusión que tiña o seu avó e sobre todo a avoa , non dubidou ensaber que o seu futuro pasaba polo negocio , coa mesma ilusión que aínda lle queda a súa avoa.

IMG_1585Xa casada comparte a propiedade do negocio con David, o cal non se resiste a quedar fora da \“foto\”, sendo o único home (de momento) que queda na familia. El está feliz de compartir a soedade do home no medio de tres mulleres, dúas delas , con moito carácter.

E IMPOSIBLE QUE ESTE QUIETA

Mª Carmen, xa fala do momento actual , e sinala que moita da clientela que acude, son os avós , que veñen cos seus netos, para ensinarlle onde viron os primeiros partidos de fútbol en color e en pantalla xigante, e solo cambiando o decorado, pero nunca o sentimento que lle poñen as mulleres deste negocio.

Mª Carmen tamén comenta que é moi difícil que a súa avoa a matriarca neste caso, se quede sentada en canto hai 3 persoas na barra. Ela xa se levanta para botar una man. \“lévao na sangre\”.

Aquí a Sra. Julia apunta, que de momento ela non está para quedarse na casa todo o día vendo a televisión, polo que seguirá baixando a primeira hora da mañá e ata última hora da noite.