Café con... Xosé Badás

Xosé Badás
Café con... Xosé Badás

LUIS VELOSO Veciño de Lobios de Sober (Porqueira) e residente en Pontevedra, por razóns de traballo. Posiblemente a moitos lles pasara o...

LUIS VELOSO

Veciño de Lobios de Sober (Porqueira) e residente en Pontevedra, por razóns de traballo.

Posiblemente a moitos lles pasara o mesmo que me ocorría a mín. Poucos coñecen a Xosé Badás, aínda que sexa unha das persoas que máis ten feito pola cultura da comarca da Limia. Pero se dicimos que é o responsable de que ano tras ano a revista científico-literaria LETHES saia a luz, entón xa hai máis xente que o identifica.

A revista non é outra cousa (menuda) que o resultado do froito do traballo dos que xa hai mais de 11 anos, se xuntaron coa inquietude de facer algo máis que deixar pasar o tempo. Tempo que na Limia pasa moi paseniño. Moitas desas persoas, xa persoeiros da comarca, o único que pretendían era que as moitas investigacións que xentes de moitos lugares tanto dende a Limia como fora dela, facían non quedaran no esquecemento. Xuntáronse e crearon a asociación cultural LETHES e dende esa época, dedícanse a publicar as súas investigacións e os seus coñecementos nunha revista que xa non é tal, posto que o nº 11, editada fai meses, xa é un libro.

Unha das cousas que queren transmitir os seus membros e ter un lugar común para o OPTIMISMO.

De xuntalos cada ano encárgase Badás, e tamén de traer a Xinzo cada ano a persoeiros da cultura galega para facer a súa presentación, nun acto sinxelo, pero que moitas veces, foi a única ocasión de escoitar a estes persoeiros na Limia.

Badás ten que pasar moitas tardes e noites lendo os artigos enviados e corrixilos un por un, para que todo saia ben, e por certo que así é.Non quere criticar a aqueles que ano tras ano deixan que trascorra o tempo e nin un sopro de alento botan para poder continuar, nos momentos, que supoño haberá nos que un quere tirar a toalla. Pero non estraña posto que Badás ten cara de boa, moi boa persoa e só deixa ver un sorriso, que dende logo transmite amabilidade, dozura, e boas sensacións. Agradecemos que nos deixara roubarlle uns minutos para este café, e dende aquí só forzamos outra vez a máquina, para que se converta en un máis da nómina “sen soldo” de colaboradores do dendealimia.com.