Un “estranxeiro” que enraizou totalmente en Xinzo

IMG_20190318_124214
Un “estranxeiro” que enraizou totalmente en Xinzo

Coñecido por todo o mundo pola súa simpatía e eterno sorriso. Un festeiro e entroideiro.

Antonio Fernández Veiga (Toni), naceu en Portugalete, provincia de Biscaia e por motivos laborais do seu pai quedou alí ata os 11 anos. A partir desa idade pasou dous anos en S.Pedro de Laroá e despois , tamén por motivos laborais outra vez se ten que trasladar a Redondela, ata que outra vez por motivos laborais, esta vez propios se traslada definitivamente para Laroá comezando a súa andanza como traballador e como político.

Aínda que criado no Pais Vasco o galego sempre foi o seu idioma de comunicación na casa, pero cando con 11 anos chegou a Laroá encontrábase estraño falando castelán.

Todos en Xinzo coñecen a Antonio, que de agora en adiante chamaremos Toni, como el quere que se lle chame.

PRIMEIROS ESCARCEOS NA POLÍTICA

IMG_20190318_124216Na súa segunda volta a Xinzo chégalle a “oferta” de afiliarse ao Partido Popular, naquel entón da man de Isaac Vila. Dada a súa xuventude , e supoñemos que ao seu carácter aberto e extravertido foi elixido presidente das xuventudes do partido, chegando a ser a agrupación máis grande da provincia,e de Galicia, chegando a ter case 400 asociados e simpatizantes. Naqueles anos fixéronse famosos os mitins en Xinzo de peche de campañas na que as xuventudes encabezadas por Toni se facían “notar”.
Un “estranxeiro” que enraizou totalmente en Xinzo.
Eu dende que vin para S. Pedro de Laroá xunteime cos rapaces para ir ao monte, para xogar e para vir a Xinzo en bicicleta, polo que eu sempre me considerei e me considero de aldea.
A súa carreira como o seu domicilio sempre foi de salto en salto.
Comezou os seus estudos de capataz agrícola en Santiago, despois Técnico de explotación agropecuarias en Ponteareas para marcharse despois a Lugo na universidade quedándolle o último ano colgado, cousa que seu pai non llo perdoou, pero encontrou traballo en Xinzo e sempre quedaba rematar a carreira para máis adiante. A xuventude e os cartos que xa gañaba fixeron que se fose atrasando ata hoxe. Non me arrepinto en parte porque grazas a iso estou en Xinzo, pero non cabe dúbida que fose mellor acabar e despois vir. Pasado o tempo despois de moitos anos, como todo o mundo en Xinzo coñece é técnico traballador do Instituto do Campo, algo do que está orgulloso, porque de algunha maneira está a colaborar para que a primeira industria da Limia, que é a agricultura, cada vez se desenrole mellor e poida competir ao longo dos vindeiros anos como o fixo ata agora.

Como ves persoalmente e como técnico a agricultura da Limia dentro de 10 15 anos?

Estase a ver que cada vez hai menos agricultores na Limia, e aínda que hai relevo xeracional a situación vai a ser outra. En cada pobo, de onde agora hai 10 agricultores dentro de 10/15 anos haberá unicamente un ou dous, que farán por suposto o mesmo traballo que fan agora os 10, co cal o número desaparecerá, pero non o número de hectáreas cultivadas que que vai a seguir medrando e diversificando. Estase a plantar cebolas e xa este ano se vai a experimentar cunha ampla superficie de millo. Persoalmente entendo que no futuro haberá máis cooperativas que farán que os intermediarios vaian a menos.

Aínda que a entrevista política se deixe para máis adiante, como se define como persoa Toni?

IMG_1051Eu definiríame como una persoa sinxela, afable, e que a miña afección primeira e falar coa xente. Unha das miñas virtudes é a de estar sempre dispostas para acompañar aos amigos e veciños a charlar, pasear e tomar un viño. Quizá esa sexa una das miñas virtudes, dos defectos falarán xa os demais, que por suposto existen, os defecto, como todo o mundo.Prefiro facer favores a que mos fagan e prefiro que me molesten que molestar. Esta é a miña forma de ser e que dende logo seguirá sendo aínda que chegara a ser alcalde deste pobo.

Para rematar este café con…Toni en antes de comezar as entrevistas políticas, no queremos de deixar de preguntarlle de que como aparece outra vez en política e nada máis nin nada menos que como candidato do PP.

Eu fun concelleiro polo PP dende o 2007 ata o 2015 da man de Isaac Vila. Nesta lexislatura que agora remata non formei parte do grupo e fai unhas semanas se me chama para ofrecerme ser o candidato polo partido en Xinzo. Nese momento respondo que teño que pensalo, consultalo coa familia, pero vindo a proposta das persoas que viña, case non podía negarme e aquí estou. Encantado, con medo, pero moi satisfeito polos comentarios da rúa e do propio partido, que todo hai que recoñecer esta lexislatura foi “un pouco convulsa “ e os afiliados e simpatizantes estaban un pouco “dispersados” e a miña elección fixo que neste momento volvamos a estar todos unidos co único fin de revalidar a maioría absoluta e seguir gobernando Xinzo.

Pero como dixemos que isto non ía a ser una entrevista política, se non persoal, deixamos aquí o café que continuaremos cando chegue a campaña para falar de política e coñecer ao Toni candidato e non ao Toni máis persoal que é o que pretendíamos hoxe.