Eu non vou a ser alcalde, eu o que quero é aportar as miñas ideas, dende un cogoberno ou dende a oposición.

Camilo Vila García
Eu non vou a ser alcalde, eu o que quero é aportar as miñas ideas, dende un cogoberno ou dende a oposición.

SE SACAMOS UN CONCELLEIRO, BEN, DOUS MELLOR, SI SON TRES, PERFECTO, PERO SI É UN E MEDIO...POIS VALE!

Sempre teño na man unha libreta e un bolígrafo “o meu día a día e de apuntar cousas”

Para os aínda non coñezan a Camilo.

A nosa conversa comeza dicíndolle que eu fai seis meses non coñecía a "tal individuo", polo que lle pido que faga a súa propia presentación, posto que haberá moita xente que aínda non saiba quen é. Tamén inquíreme dicindo que si hoxe xa sei quen é tan solo 6 meses despois, algo está facendo ben.

20230223_200057

Ante esta primeira pregunta contesta a velocidade dun raio: “Son un tipo normal”, con un nome moi normal “Camilo” e cuns apelidos moi sonoros “Vila García”.A súa nai de Arzúa e o seu pai de Boado, cumprindo uns insultantes 35 anos e que ata chegar a Universidade estudou nos colexios e institutos da Vila, Ah, dicir que naceu, viviu ata a maioría de idade en Boado, e voltou definitivamente para quedarse a vivir coa súa parella a Boado, onde está a arranxar a casa onde naceu.

UN MOZO CON MOITOS ANOS DE ESTUDO

Non é que queira fachenda dos seus coñecementos, se non que estudou moitas carreiras, primeiro Técnico Deportivo, despois pasouse a Educación Social e por último Pedagoxía. Como aínda lle parecía pouco fixo tamén un postgrado para ser profesor e un curso superior de Integración Laboral, que é do que traballou sempre, e pensa seguir.

SEMPRE TRABALLOU NO ÁMBITO DE MENORES.

Dende os 24 anos, nos que comezou a súa vida laboral dedicouse a MENORES, e sempre tratando a súa integración social e laboral, sempre dende o programa MENTOR da administración ata que pediu a excedencia ata que “fichou” polo CDR O Viso, no que espera xubilarse.

XOGADOR DE FUTBOL QUE AGORA QUERE XOGAR NA POLÍTICA

Camilo, sempre estivo identificado coa Limia sobre todo na súa época futbolística, militando no Antela en Celanova e no Boado. Como mínimo cada dous fins de semana estaba na Limia, ata que lle tocou decidir entre ase3ntarse na Ribeira de Lugo, ou na chaira da Limia, e desta vez, gañoulle o interior a costa, decidindo virse para esta terra. A miña parella é unha persoa moi tranquila, co que a Limia séntalle ben, e eu son un bule bule, que necesito estar a moitas cousas e este é o sitio, e agora comezar a xogar na política da man do BNG.

Os meus amigos seguen a ser os de sempre, do fútbol e de Boado.

FOI ALUMNO DE PREESCOLAR NA CASE DE TOÑO DE LODOSELO

Tanto eu, como miñas irmás fomos alumnos de preescolar na casa con Toño de Lodoselo, que para nos foi e segue a ser “unha referencia”, e cando souberon que estaba arranxando a casa, falaron comigo e ofrecéronme integrarme no proxecto do CDR, que o que moita xente non imaxina, debe ser a 2ª empresa da Limia en traballadores. Neste momento somos máis de medio cento.

A CABEZA ESTABA BEN, PERO SENTIN ALGO

20230223_204152

Durante as miñas estancias en Boado, nos veráns sempre colaborei como voluntario co CDR e falábamos moitas veces de vir a traballar para aquí. Cando me dixeron...é porque non te decides xa dunha vez e ves agora?. Eu neses momento a miña cabeza e3staba tranquila ante a oferta, que implicaba deixar o traballo na Coruña, pero sentín algo especial que foi o que me fixo decidir e vir a traballar a Lodoselo. O Toño e a Carmen, son como da familia.

A INVITACIÓN A POLÍTICA VEULLE DE CARLOS, RESPONSABLE DO BNG DA COMARCA

Unha vez que me instalei aquí Carlos invitoume a ir as asembleas de BNG, e aínda que pareza un “bule bule” eu son moi metódico. De bromas pasei de secretario a outras cuestións tiña por riba da mesa a proposta de liderar o BNG en Xinzo.

Eu vivín as outras épocas de escisións e decadencia do partido a nivel local, e faltáballe a día de hoxe un revulsivo, un cambio de marcha e voltar a ilusionar a cidadanía, primeiro simpatizantes do partido e pensaron que esa persoa podía ser eu. Ata o Ramiro pediu o cambio e apoiou a miña candidatura, cousa que me ilusionou.

APOIADO TOTALMENTE POLA XUVENTUDE

En setembro comezamos unha etapa de construción e empezamos a deseñar o que tiñamos que facer para o rexurdimento do BNG. Os dous primeiros meses dedicámonos a ler e aprender, na segunda unha nova visibilidade propia. (Vermuts, cafés, etc...). Destas cousas, aínda que pareza un pouco “fachendoso”, temos seis equipos diferentes traballando e un deles e o de comunicación no que Galicia Nova son os responsábeis, primeiro e finalmente polo seu coñecemento dos medios dixitais. “xente moi boa” que eu non coñecía.

PRESENTACION EN MARZO

A presentación oficial será a mediados de marzo, momento no que se coñecerán os outros nomes que van a formar parte da candidatura, que non é por nada, pero temos tanta sorte que a diferencia dos outros partidos que teñen problemas de confección das listas, pero adiantarche que nos vamos levar 13 persoas e 16 suplentes.

20230223_201540

Sobre as expectativas, non quere dar “pistas”. Os resultados de hoxe posiblemente non coincidiran cos de mañá e menos cos de dentro de tres meses. Polas expectativas de cada un dos contendentes , necesitaríamos ser 30 ou 40 concelleiros, polo que estaremos todos equivocados.

SE SACAMOS UN BEN, DOUS MELLOR, SI SON TRES, PERFECTO, PERO SI É UN E MEDIO...POIS VALE!

O noso obxectivo para esta campaña e refrescar o BNG en Xinzo incorporando xente nova ao panorama político do Concello. O que non temos é que tolear, temos que ter os pes no chan. Hai xente que me quere ven, aínda que poida ser rival político, dime que estou ilusionando moito, pero que vai haber moita xente que non vai a asociar a túa cara nese lugar.

Pasamos logo a falar de como ve, dende afora o cuatripartito que gobernou estes últimos anos, manifesta que o viu moi ben, con tensións internas, que non se transmiten cara afora, nin nas decisións, ben resoltas, iso é realmente o equilibrio.

A nivel de despoboamento, o problema é moi preocupante, non ´`e que Boado ou Pidre poidan chegar a desaparecer, a cuestión e que Xinzo perde habitantes e de algunha maneira hai que reverter esa situación por ben de Xinzo e da comarca. Ou facemos algo agora ou se non é tardísimo. Como referencia desta cuestión escribía Miro a semana pasada uns datos escalofriantes. Somentes o 25% do profesorado e o 15% do persoal sanitario vive en Xinzo. Pola contra en Pidre en 11 casas, hai tres nas que se fai teletraballo. O importante sería equilibrar todo isto co fin de manter de algunha maneira a xente nos pobos.

A QUEN HAI QUE ATRER É A FAMILIAS, PERO TEÑEN QUE VIR ASESORADAS.

Eu o ano pasado xuntei 40 casas en aluguer ou en venda. Chamáronme de un montón de institucións felicitándome polo traballo feito, que tiña que resultar, pero non foi así. Non foi ben, porque non viñeron moitas familias. Non se relaciona o número de casas co número de familias que viñeron. Pero hai que ter en conta que esas familias teñen que vir moi asesoradas, teñen que saber das xeadas e dos calores do verán, tamén cal é entre outras cousas a gastronomía. A que hai aquí son cafeteiras, e iso é unha realidade, non trato de criticar. O que fan falta son infraestruturas sociais, como pode ser un bar.

A TRES MESES CAL É A TÚA QUINIELA?

20230223_200056

Non a tiña preparada, a nivel local as siglas, non deberían ser importantes. Eu firmaría calquera programa electoral de calquer partido das tres últimas convocatorias, porque todos queren o mesmo, a diferencia, da que ninguén fala e de como conseguir eses obxectivos. A clave de todo é unha planificación. Non se pode facer unha planificación para Xinzo pensando en catro anos.

Eu non vou a ser alcalde, eu o que quero é aportar as miñas ideas, dende un cogoberno ou dende a oposición.

Entre dentes, tan solo quere atreverse a dicir que o PP, non debe sacar nin baixar de 5, O PSOE, podería gañar un ou ningún, AXIL, se sube, sería un e o BNG se subimos a 2, solo faltaría un escano a repartir.