“Somos un pueblo en el que cada uno mira bastante por si mismo” (Adriana Jiménez)

Adriana Jiménez
“Somos un pueblo en el que cada uno mira bastante por si mismo” (Adriana Jiménez)

Adriana Jimenez Iglesias, de Xinzo desde moi pequena, recorda ao seu avó, que morreu cando ela tiña dez anos, como “moi señor” moi elegante e boa persoa. Á súa avóa tamén a recorda así, algo seria, sempre arreglada.

Cando anunciábamos o Café con Adrina, xa dicíamos que descubriríamos a unha Adriana en “estado puro”. Simpática, agradable, boa conversadora, guapa, boa nai, boa filla, feita a si mesma e sobre todo moi boa neta. E dicimos isto último, porque unha persoa que fala con esa adoración polos seus avos, que tivemos a onra de coñecer, non puido ser unha mal neta, e iso nos tempos que corren, di moito e ben dunha persoa. Unha persoa que dende pequeniña, como di ela, dende antes de nacer, xa estivo presente nas “redes sociais” daquela época, e por suposto nas de hoxe en día, e sempre con moita polémica.

Siempre me sentí observada, creo que antes de nacer.

Adriana Jiménez, unha muller feita a si mesma

A traxectoria vital e profesional desta moza, aínda que teña tres fillos, os cales afirma son moi bos, dormen moi ben, precisamente ese tempo é o que ela lle rouba ao seu descanso para facer “porque lle gusta” moitas das cousas que leva a cabo na Comisión do Entroido, e este ano na comisión de festas.

A VECES A SÚA SAÚDE MENTAL RESÍNTESE ANTE COMENTARIOS DE QUEN NO SABE NADA DELA.

E despois de medio café pasamos xa a entrar en “fariña”

Adriana actualmente é unha das tres persoas que forman parte da comisión do Entroido, estando tamén na asociación da pantalla.

Na comisión do Entroido hai tres persoas pero non hai moito tempo había cerca de 100 persoas interesadas por estar nela.

Que pasa con esa comisión?

Adriana comenta que pode ser, a maneira de traballar tan transparente a que bote para atrás a moita xente. Estar na comisión, ademais, supón un reto na aceptación das críticas, porque non todo estará ben sempre aos ollos de todo o mundo. Incluso o non cobrar nada, e facelo de maneira altruísta ou voluntaria pode ser unha parte negativa a valorar pola xente. Tamén, todo o mundo quere desfrutar deses días, pero se estás na comisión vas ter que estar pendiente dos distintos eventos e incidentes.

“Somos un pueblo en el que cada uno mira bastante por si mismo, posiblemente sexa tamén pola gran politización de todo, das asociacións e dos grupos que é algo negativo á hora de querer facer piña ou organizarse en beneficio de todos. Porque que nun mesmo grupo de persoas haxa diferentes opinións pode chegar a ser beneficioso para chegar a un punto común e que a maioría esté contento e representado.

Adentrámonos agora no tema das críticas recibidas, que non son poucas.

Respecto ás críticas, aquelas que peor levou Adriana foron as de carácter persoal

“yo que ponga una charanga y a ti no te guste lo entiendo, pero que me digan que que hace esta chica, que no hago nada, es de lo que más me duele”.

Ela deféndese con que a comisión está aberta e pode ir todo o mundo, polo que está moi ben dar ideas por redes sociais pero, cando se fan as reunións, despois non aparece ninguén e faise frustrante porque é dificil organizar só entre tres persoas ao final.

A dedicación que se pón no Entroido é moita, e Adriana fala de que non é todo tan fácil, nunca como parece, e que moitas veces tivo ata discusións con persoas cercanas a ela. En Xinzo aínda que o Entroido se organiza solo, ben é certo que existen uns cartos destinados a el e hai que facer cousas. Ademais, hai moita xente que vive en gran parte grazas a esta festa, os músicos, as tendas e os bares, que fan gran parte dos seus ingresos nesas datas, polo que hai que organizarse.

O asociacionismo en Xinzo supón moitos problemas que igual noutros lugares non se dan, porque a xente non parece capaz de reunirse para un ben común.

Se por exemplo a unha asociación de comercio lle vai ben, aos bares tamén lles vai ir ben, vai vir mais xente e estimularase o consumo dentro de Xinzo. Se o Entroido é un éxito aos negocios lles vai ir ben e Adriana fala dunha mirada egoista respecto a todas as decisións que se toman nas asociacións e que por iso mesmo non funcionan.

Tamén na comisión de festas.

Estar na comisión de Entroido, significa estar na comisión das festas. Polo que, as festas este ano pode que non sexan as mellores, pero serán as máis distintas e non se basearán nas orquestas de renome. Serán unhas festas para todos nás que haberá outras orquestas (New York e Asia), cine, rap, rock e pop, entre outros estilos. Ortiga é un dos artistas destacados que virá ás festas cos seus ritmos de cumbia fusionados co hiphop e co techno.

Van intentar expandir os eventos por diferentes puntos de Xinzo e na praza Carlos Casares, nos concertos, haberá un bar que non vai ser da comisión, senón de xente da comarca que teñan un autobar.

AS REDES SOCIAIS,NESTE MOMENTO SON MOI TOXICAS

Cada vez hai menos presencia da comisión nas redes polo auxe das críticas e que moitas veces pode chegar a afectarche emocionalmente. Adriana fala da toxicidade das redes e que hai días que non se poden afrontar algunhas críticas de maneira sana.

A mi las críticas sobre la gestión, no me molestan. Me molestan las críticas personales, cuando hablan de que si estoy metida en todos los fregados, que hace esta chica…cuando atiende a sus hijos… si estás gorda o no, que cuando trabajas.. etc etc. Estas cosas unos días no te afectan, pero en otras ocasiones que no estás tan bien, pues realmente si me afectan y mi “salud mental” también es importante y sobre todo lo que más me molesta es que eso lo diga una “señora” sentada en su sofá comodamente y que seguro que no me conoce de nada, ni sabe como soy, ni nunca habló conmigo.

Desde el sofá es muy fácil decir, esto está mal, esto es una mierda…

Cantas veces pensou en irse da comisión do Entroido?

Yo estoy en la comisión por amor al Entroido, costándome muchas veces lágrimas y discusiones con la familia, con los amigos, porque al final cuando te critican y tu llegas mal a casa, en algo va a repercutir negativamente.

La mayoría de los comentarios o críticas son a nivel personal, la minoría son de si las charangas fueron buenas o malas o si la gestión del dinero está bien hecho o mal hecho, al final parece que eso a la gente le importa una mi…

Mi vida siempre ha sido pública desde pequeñita y he aprendido desde pequeñita que me tiene que dar igual, pero hay otros días que me afecta, como a todo el mundo le afectaría.

La mayoría de las veces, la gente que critica en las redes sociales, son gente que no son “entroideiros”, que no ves en la calle los días de fiesta, son gente que ve el Entroido desde el balcón de su casa. A esas señoras, le tendría que contestar que sintiéndolo mucho hay otras prioridades.

Tenemos el mejor Entroido del mundo, pero todos tenemos que respetar el Entroido de los demás.

Adriana, unha muller pegada a un telefono

Pódense dicer as cousas máis alto, pero moito me temo que non máis claro. Adriana Jimenez, e das persoas que está sempre no candeeiro, moitas veces porque ela mesma se mete en fregados, dos cales podia pasar, pero o que ninguén pode dicer sobre ela é que non é unha muller comprometida co seu pobo, que a viu nacer, medrar e que nunca deixou de estar nos sitios traballando polo ben de todos, polas críticas que poidera recibir.

Ah!, faltaba tamén, forma triunvirato con dúas mulleres máis que se fixeron cargo do “morto” que é o Casino Antelano e que pouco a pouco sacaron da “UCI”, esperando que lle quede todavía moita vida. E por suposto, todo isto sendo nai de tres criaturas que, como lle aconteceu a ela cando tiña esa idade, todos coñecemos e apreciamos.