12 de enero de 2021, 21:37
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.
Nesta ocasión, reuniuse co alcalde do concello de Calvos de Randín, Aquilino Valencia, con quen analizou as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica.
Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.