Carballo esquencido en lamas

MAPA LAMAS
Carballo esquencido en lamas

CARTA DUNHA LECTORA

Ola boas tardes,son unha veciña de Lamas.

O motivo polo cal me dirixo a este xornal dixital é para facer unha denuncia.

O día 5 de maio do 2015,xusto luns despois das festas do pobo, a raíz do aire caiu un carballo o lado do río que vai cara o camiño de Guntimil,o lado do río,deixando intransitable. Despois de intervir o equipo de bombeiros de Xinzo de limia para retirar o carballo,quedaron unhas raices arrimadas o río,interrumpindo no tráfico do camiño,provocando que non collan dous coches en sentido contrario.

Levamos máis dun ano acudindo o concello para que veñan retirar esas raíces posto que cada vez se extenden máis polo camiño. Sempre nos din que xa veñen que nesa semana se vai proceder a retirar as raíces e nunca se presentan a facer dita retirada.

A raíz disto,o río está cada vez máis contaminado e ocupado por numerosas especies como leiróns e cobras , que cada vez contaminan máis a auga,facendo que algúns veciños non poidan vivir tranquilos,nin abrir as ventás por medo a que lle entren as súas casas ou simplemente que lle entre o cheiro.

Calquera día vai facer que haxa un accidente de tráfico xa que os coches non dan pasado con tranquilidade e hai que parar para poder pasar .Son numerosos coches que transitan este camiño ademais dos veciños,posto que moitos traballadores empregan este camiño para dirixirse o pobo de Guntimil, ademais de veciños que teñen granxas e naves de traballo, aos que lle dificulta o paso coa súa maquinaria agricola.

As raices provocan moitas incidencias,como o impedimento do paso polo camiño como a contaminación que está provocando.