Os veciños da rúa Dous de maio están fartos

IMG_20221224_180124
Os veciños da rúa Dous de maio están fartos

¡¡OS VECIÑOS ESTAMOS FARTOS!!

Parece ser que os impostos que pagamos os veciños de Xinzo non valen o mesmo os de uns barrios que os de outros.

Ata o de agora, a Rúa Dous de Maio, unha das máis céntricas de Xinzo, onde están todos os hoteis xunto con múltiples e diversos negocios, NON RECIBIU NINGÚN tipo de BENEFICIO por parte do Concello.

Estamos totalmente marxinados. Nunca contamos con melloras que atraian ao público cara esta zona. Nunca estamos dentro de ningún presuposto.

QUEREMOS ACABAR CO FEÍSMO E CO TOTAL OLVIDO CO QUE CONTA A RÚA DOUS DE MAIO.

- Aceras moi antigas nas que se acumula a auga e con baldosas en mal estado nas que se tropeza de cotío.

- Múltiples zonas de pequenos "xardíns" ao longo de toda a rúa totalmente abandonados, os cales non contaron nunca con céspede nin plantas ornamentais coma noutros puntos de Xinzo, só unhas cantas silvas vellas.

- Falta de aparcamento por múltiples liñas amarelas.

- Sen carril bici, cando está o Pavillón de Deportes, a Piscina Climatizada e a exterior e todos os campos de ocio ao fondo desta famosa rúa.

Por non dicir que tamén é un nexo directo co paseo do Río Limia.

Poderiamos seguir nomeando a falta de compromiso por parte do Concello con esta zona, pero á vista está de calquera que a visite.

Rogámoslle á Sra Alcaldesa que revise esta problemática e faga o posible por traernos ditas melloras tamén cara esta zona do centro da vila de Xinzo.

TODOS MERECEMOS AS MESMAS MELLORAS.

TODOS SOMOS XINZO.