Os veciños de Faramontaos síntense esquecidos polo seu concello (CARTAS DOS LECTORES)

Os veciños de Faramontaos síntense esquecidos polo seu concello (CARTAS DOS LECTORES)

Xa non saben que facer para solucionar o problema da maleza da ponte do século XVII e as súas marxes.

Falo en nome da veciñanza de Faramontaos ( Xinzo de Limia ) e como veciño desta parroquia gustaríame saber, como podería facer para que me poidades publicar unhas imaxes dunha poboación que está moi molesta, xa que se sinte completamente desatendida e marxinada polo Concello que leva o nome. Vou tirar de tópico... pero é que as comparacións son odiosas. Sempre nos estamos a comparar cos Concellos veciños ( Allariz, Vilar de Santos etc ) sen que os gobernantes do noso Concello fagan nada para simplemente conservar, xa non mellorar, o que temos nós.

faramontaos
faramontaos

Vou falar directamente do que me ocupa como veciño de Faramontaos e contribuinte no Concello de Xinzo de Limia. Temos unha ponte que data do século XVII, a cal ten en torno a 400 anos de historia. Cando digo que nos sentimos marxinados, non falo sen coñecemento da causa. Esta ponte foi rehabilitada no ano 2003, o que supón 19 anos sen volver mirar cara ela nin cara o seu arredor. Este río, ben sabido é, que na época estival reduce o seu cauce ata case desaparecer. Polo que en lugar de auga, pódese observar maleza arrastrada polas cheas do inverno e incluso árbores que naceron na metade e cercanias do cauce. Co perigo que esto conleva ( inundacións provocadas polo arrastre da maleza sen limpar ). O Concello de Xinzo, porque é a onde pertence Faramontaos. Ten unha ruta de "senderismo" que vai dende a propia ponte ata a presa de Gudín chegando si se quere ata o Larouco, a cal presumen dela na casa grande pero miran cara outro lado cando toca arrimar o hombro para acondicionala. O prado que está nas inmediacións do Río Leboreiro, ten que ser segado sempre polos veciños. Que fartos de que medre a herba e a maleza se resignan ante a inoperancia dos que deberían facelo. Chegados a este punto, e para adiantar contestación por parte da administración Local que xa se nos deu no seu día (29/09/2021): "para limpar e acondicionar o cauce do Río e máis a Ponte non teñen competencia" posto que esta pertence á Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Dito esto, temos unha recente noticia na que no Concello veciño (Trasmiras) veñen de obter unha subvención preto de 60 mil € aprox. para limpar e acondicionar o "Río" ( por non chamarlle regato ). A miña pregunta é, o Concello de Trasmiras pode e o de Xinzo de Limia non?