VILAR DE SANTOS NO ESQUECEMENTO

carta vilar de santos
VILAR DE SANTOS NO ESQUECEMENTO
carta vilar de santos

Señor Alcalde:

Que saiba que a oposición son os veciños que pagan os impostos no seu concello. A gobernanza dun concello non depende dos representantes políticos que se sentan no pleno, senón do interese do propio alcalde en facer algo por os seus veciños.
Aquí estarei para recordar que o rural ten que seguir vivo.
Durante os últimos anos que vostede esta a gozar de un pleno sen oposición esta facendo alarde de prepotencia naquelas cuestións que son a principal causa de despoboamento do rural . O rural merece ter unha oportunidade para que a xente nova se poida asentar nos pobos do rural. Vostede vive de costas os pobos e deixa que morran . Desde o Concello veñen de facer un esforzo enorme para que o núcleo urbano de Vilar de Santos recibirá axudas para reformas, mentres que os outros trece núcleos quedaron excluídos de ditas axudas. Os parques públicos están totalmente abandonados e secos por falta de mantemento, as infraestruturas básicas están en descoido (Fontes ,escolas ,fornos, lavadoiros, etc).
Vostede soamente goberna de cara a galería sempre pon o exemplo de un único núcleo rural do Concello de Vilar de Santos.
Como en estes tempos están sendo difíciles para todos e moito mais para o rural, xa que son os principais danados a hora de poder comercializar o produto da horta. Dende o concello non se pode estar a costas de estas problemas dos seus veciños.
O Pobo precisa de unha atención é vostede parece que iso non o percibe dende o seu sillón
Roberto Carlos Gómez