17 de febreiro de 1936

17 de febreiro de 1936

Frente-PopularOnte foi día 17 de febreiro, data na que se conmemoran os anos da vitoria da Fronte Popular nas últimas eleccións celebradas na IIª República, concretamente na data de onte fixo 80 anos (1936-2016) de que esta Fronte de Esquerdas gañou estas eleccións en Febreiro de 1936.
A Fronte Popular foi un conxunto ou conglomerado de partidos de esquerdas, nacionalistas e mesmo comunistas, como o caso do POUM de Andreu Nim, estaba encabezada por Manuel Azaña, de Esquerda Republicana e dentro dos partidos nacionalistas podemos falar do Partido Galeguista, donde destacaban Ánxel Casal, alcalde de Santiago, Luis Seoane, coñecido polos carteis do Estatuto de Autonomía ou mesmamente unha das figuras claves do nacionalismo e da literatura galega como Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
A Fronte Popular, tomada como referencia pola española, foi a francesa encabezada por León Blum, que gaña en Francia as eleccións de 1934.
Na actualidade e tralas eleccións do pasado 20 de decembro, vivimos unha situación de \“pactos\” ou polo menos de intentos de pactos políticos para conseguir formar goberno, renunciado primeiramente a someterse a un debate de investidura, polo líder do partido vencedor das eleccións, Mariano Rajoy (PP), a palabra \“pacto\” forma cada vez máis parte da nosa vida diaria.
Trala renuncia de Rajoy, é o turno para o líder da segunda formación política con maior apoio nas pasadas eleccións, Pedro Sánchez (PSOE), que intenta facer unha fronte de esquerdas, unha fronte de partidos do cambio, como o mesmo Sánchez ó denomina, para intentar formar gobernó e poder presidir o noso país.
Este frente que Sánchez intenta formar, ainda que non sin inconvintes, podería ser moi parecido, ainda que non igual a Fronte Popular, sería un pacto PSOE- Podemos- conxuntamente cos partidos nacionalistas catalán e vasco (Democracia e Libertat e PNV).
Democracia e Libertad é unha escisión da xa desaparecida CIU, trala escisión, de Unió a formación liderada por Durán i Lleida, esta formación (Democracia e Libertad) e os nacionalistas vascos PNV, pídenlle a Sánchez e o PSOE, que en caso de formar goberno que facilite para poder levar a cabo un referéndum de independencia, este caso sería moi similar á do estatuto de autonómica que pedía o Partido Galeguista na Fronte Popular.
Veremos o que nos depara o vindeiro 2 de marzo, que polo visto é a data acordada polas distintas formacións políticas para a investidura ou para saber se volveremos a outras eleccións ante a imposibilidade de formar goberno.
José A. Parente