3.000 € por bache

IMG_2009
3.000 € por bache
LUIS VELOSO Imaxinan vostedes canto custarían as últimas aceras que se fixeron, coa mesma proporción co custe  deste bache que se...
LUIS VELOSO

Imaxinan vostedes canto custarían as últimas aceras que se fixeron, coa mesma proporción co custe  deste bache que se pode ver na imaxe?

Neste momento o que o final fixo o arranxo, o encargado xeral da brigada de obras do Concello, dirá que me volvín tolo, que iso arranxouno el co persoal da brigada e con materiais do Concello e como moito o seu custo sería de 10/15 €. Estou esperando a súa chamada, para me chamar atención; tranquilo D. Julio que agora me explico!

Isto é como o do conto do mecánico que lle soprou ó tornillo. Neste caso é o mesmo.

No citado bache, levan deixado algunha roda e algo máis, entre sete e oito coches, que se saiba e que xa presentaron denuncia no Concello co cal as indemnizacións que terá que abonar a “casa de todos”, ou sexa todos os contribuíntes, supera os tres mil euros.

Entón preguntámonos, ninguén sabía isto?

Pois parece ser que si, pero ninguén facía caso do funcionario ou funcionarios que puxeron en coñecemento da autoridade municipal (Teniente Alcalde) o que estaba pasando. Parece ser, e ós feitos nos remitimos, non se fixo nada.

O que si sabemos é que un funcionario farto de poñer alertas sobre o custe que xa tiña o citado bache, acudiu directamente o alcalde informalo da situación e propoñendo que aínda que fose de maneira provisional, a brigada botara un pouco de zahorra, para que non houbera máis accidentes e polo tanto, máis denuncias.

Parece ser, e as instantáneas así o confirman, a orden foi dada ó momento e unhas horas despois xa estaba arranxado.

Sr. Alcalde, con amigos así, non precisa vostede inimigos. Xa se encargan eles de facer a labor que non fai a oposición, perdida noutros mesteres, como no último pleno falando máis de media hora sobre a nova lei do aborto, por si se fora a arranxar ese asunto, por suposto que grave, dependendo do que opine o Concello de Xinzo.

Xa vexo o Sr. Gallardón todo preocupado!

E o malo , inda encima todo o mundo parece que da por feito que a persoa, que non fixo o seu traballo a tempo, para que a todos non nos custaran ese 3.000 euros, dicía dano como substituto do alcalde no caso que o Chavelleiro tire a toalla.

Pois nada señores do PP, déanlle  para diante. Deus nos pille confesados ...