3ª Partida: Chavelleiro 1 - Anxo (CIGA) 3

póker
3ª Partida: Chavelleiro 1 - Anxo (CIGA) 3
LUIS VELOSO E seguimos no mundo “virtual” das partidas de póker que dende este medio levan a cabo o primeiro mandatario...

LUIS VELOSO

E seguimos no mundo “virtual” das partidas de póker que dende este medio levan a cabo o primeiro mandatario de Xinzo e o representante da CIGA na comarca, Anxo García.

Na anterior “partida” (30.06.13) dabámoslle a vitoria ao alcalde  por lograr botar abaixo o polémico Convenio Colectivo dos traballadores do Concello, tendo así, a “sartén” polo mango de cara a unha reestruturación da plantilla de persoal non funcionario, ao redor de 100 traballadores.

Todo isto hai que recordar , grazas a unha lei do goberno de Rajoy.

Naquel momento o rexedor da vila, atopábase eufórico polo feito, e nós naquel momento dicíamos: “Chavelleiro, coidado que Anxo sempre ten unha carta na manga, polo que entendemos que a cousa non vai quedar aquí.”

Loxicamente nos non vamos  entrar a valorar a situación actual,pero o que si temos que dicir, é que o tempo deunos a razón. Anxo non soamente quitou unha carta da manga, se non que case podemos dicir que tiña a baralla enteira, e de momento sacou media ducia delas, que se converteron en 8 sentenzas en contra do concello.

Tampouco vamos a falar hoxe de quen ten razón, o alcalde, o xuíz. Non nos corresponde a nós este traballo.

O que si podemos seguir analizando as “partidas” e esta claramente foi “Póker” por parte da CIGA.

Pero o que si queremos dicir é que estas partidas van a seguir celebrándose, e o que creemos tamén é que si o alcalde quixera,acabábanse nun intre, soamente chegando a acordos con Anxo, acordos aos que chegaron outros mandatarios anteriores polo  que os problemas co sindicato só eran por cuestións económicas que acabamos pagando entre todos os veciños. Así calquera gobernaba.

Non esquezamos as declaracións do representante dos funcionarios, anunciando unha quebra económica do concello.