O Alcalde meteuse a bombeiro

bombeiro4
O Alcalde meteuse a bombeiro
LUIS VELOSO Como se non lle chegaran os lumes que persoalmente ten acendidos,  o Sr. Alcalde, tivo que coller a “mangueira”...
LUIS VELOSO Como se non lle chegaran os lumes que persoalmente ten acendidos,  o Sr. Alcalde, tivo que coller a “mangueira” para sufocar un pequeno que xurdiu nas redes sociais.

Cando se conmemoraba o día da República o pasado 14 de abril un dos seus concelleir@s dende logo “culto”, saudaba na rede ao comezo da mañá  cun “Viva a República” para aqueles que non o somos tanto, e non nos dábamos conta do día que era. Non contento con ese saúdo, continuou facendo a manifestación seguinte: “algún día seremos republicanos”… algo que moitos millóns de españois pensamos incluídos  moitos votantes do PP.

Todo quedaría nunha opinión dun membro do goberno da vila si non fose porque un militante un pouco máis radical, e moi acostumado a utilización de materiais inflamables , botoulle a este pequeno lume candea.

Non tardou a oposición, moi atenta a os medios dixitais, en adherirse á causa. Neste momento e co lume con moita chama pois seguíase alimentando con combustible, saltaron as outras interpretacións. Interpretacións loxicamente infundadas, dun golpe de estado en Xinzo.

Para pacificar os ánimos da persoa incendiaria e ós seus acólitos tivo que o alcalde acudir mangueira en man, e solicitar do membro do goberno municipal que borrara os comentarios da rede. Pero claro como en todo lume, quedan cinsas e xa se sabe que na rede nada desaparece.

Pois nada alcalde,  como di o refrán, non queres caldo?…  Como se non tiveras ti necesidade de que che botaran unha man, no mellor sentido da palabra, nos moitos lumes que tes acendidos e parece ser, que ninguén  ten a mangueira a punto para tal mester.

Alguén tamén podería dicir aquilo de … “cría cuervos”