ARDEU GALICIA

593
ARDEU GALICIA

Foi una noite fai anos, eu xa estaba daquelas na Universidade, e esa noite andaba a liala en Xinzo. Cando me acostei era ben tarde. Apenas dúas horas despois chamaban na porta a miña irmá maila miña nai, cas caras desencaixadas, case sen poder falar. Eu, durmida mais que esperta, miraba atónita a escena rocambolesca sen preguntar por medo pero querendo saber: Viñan da casa do pobo, estaba ardendo.

593Co paso das horas recordo o intre de entrar nela, o panorama era desolador, cheiraba a fume por todas partes, e cun pensamento constante de que estaban todos ben, subín ás escadas salvadas do roxo e fun ó baño. Con moito tento abrín a fiestra e mirei… as bágoas non daban tregua cando meus ollos comprobaron fulminado o traballo e o esforzo de meus pais, de meus avós. Alguén tirou de min e me levou ata un coche que entre asfalto nos afastou uns días daquel pesadelo.

O 15 de outubro pasado, revolvéuseme o estómago:

\“Vigo arde\”, chegaba nunha mensaxe o teléfono. A cidade que fóra testemuña de meus anos de universidade, de primeiros traballos, de algún amigo especial, estaba afogándose en lume. As noticias corrían como pólvora nas redes sociais, ca mesma velocidade dos lumes que ese día afogaron a nosa terra, o noso verde, os nosos animais, o traballo de tanta xentiña que impotente facía cadeas para salvar alomenos ás súas casas: UN VERDADEIRO INFERNO.

Tambaleando polo pasillo fun durmir, non acougaba, levanteime, só a \“Sexta\” informaba, xa ían dous mortos, non paraban, non había tregua, os corazóns dos galegos bailaban sen querer a danza da choiva cal indíxenas nunha fogueira, bendita choiva que non chegaba.

Ó día seguinte mareada marchei ó traballo, arrecendaba todo a fume, a queimado, a impotencia, a frustración, a rabia.

Ás 12 da mañá baixei á rúa, non teño recordo de ter visto así a cidade, e penso que non o esquecerei nunca…a néboa de Ourense non era néboa, caras mirando ó chan, mascarillas facendo recados obrigados e desolación, ou o que é peor: deserto.

Galicia morreu un pouco ese día, ignorantes de nos que xa pensamos que os lumes veñen de serie co verán, pasamos medo de verdade, impotentes algúns por non poder facer nada, outros verdadeiros heroes incansables en horas sen durmir.

Nunca escribo de política, nin teño pensado facelo, pero os de arriba, non deixedes esquecido o que pasou, as familias que quedaron sen panciño, sen casa, sen seus animais; Non fomos noticia de un día, fomos o tatuaxe de moitas familias que seguro inda hoxe e por moito tempo, abrirán a porta da súa casa e terán que tapar os ollos.

Ardeu Galicia, arderon sonos, arderon vidas.

Por min, por ti, por nosos fillos, por nosos ancestros, nunca mais.

Diana Budiño Calvo