Calvo Sotelo (1893-1936), De conservador maurista a “proto-mártir” da Cruzada

Calvo Sotelo (1893-1936), De conservador maurista a “proto-mártir” da Cruzada

Calvo soteloComezo esta andaina como colaborador de Dende a Limia, con toda a ilusión do mundo e con moito ánimo de que os meus artigos sexan do agrador do maior número de público posible. Os meus artigos seran históricos, posto que foi a miña pasión dende moi neno, e o que tiven a ocasión de madurecer académica e persoalmente.

O primeiro deles será sobre un persoeiro, que na nosa provincia, en Ourense, ten pasado moi desapercebido, pero que ten unha importancia moi grande ó longo da historia de España; é a figura do político, José Calvo Sotelo.

Calvo Sotelo (1893-1936), De conservador maurista a \“proto-mártir\” da Cruzada

Nado en Tui o 6 de Maio de 1893, e asasinado pola garda de asalto republicana o 16 de xuño de 1936, en Madrid. Para falar da figura do político tudense, temos que falar do sentimento de medo e inseguridade das clases conservadoras, fronte ós avances da revolución é, sen dúbida, o principal elemento que explica o fortalecemento das tendencias autoritarias neste importante sector do conservadurismo. Ourense non é unha excepción neste proceso, común a boa parte do continente europeo; máis ben é un observatorio privilexiado para comprobar como a nivel \“micro\” se van elaborando diferentes estratexias para dar resposta a tamaños retos e facendo lealdades arredor de proxectos ás veces entrelazados, ás veces superiores, ás veces só tanxentes: maurismo, colaboración coa ditadura do xeneral Miguel Primo de Rivera, upetismo, monarquismo antiliberal... sempre coa figura de Calvo Sotelo como referencia.

O tudense empregrará o capital político acumulado durante a ditadura de Primo de Rivera para lanzar o seu proxecto de Unión Monárquica Nacional (UMN), de novo en aberta oposición ó bugallismo, que estaba a renacer das cinzas desde que Berenger tentase apoiar nesta facción do antigo Partido Conservador. A primeira sede da UMN na capital ourensá, será no mesmo local dos Xardíns do Bispo Cesáreo empregado pola Unión Patriótica, maniféstase a parcial continuidade co vello \“upetismo\”, posteriormente trasladaríase á Rúa de Vicente Pérez. As eleccións do 12 de Abril de 1931 supoxeron, na capital, un estrepitoso fracaso para os monárquicos, mesmo se os comparamos cos restos do antigo conservadurismo: Só dos seus tres candidatos (Justo Méndez Aguirre, Luis Gallego Pernas e Valeriano Feijoó Rivera) mentres o pintor Jesús Soria González cedeu o seu asento por sorteo ó republicano Luis Fábrega Coello, co que empataron a votos, e os bugallistas encarnizados rivais, conseguiron nove representantes.

En vindeiros artigos irei contando como a UMN, pasa a formar parte de Renovación Española e posteriormente o Bloque Nacional que perde fronte a Frente Popular nas eleccións de Febreiro de 1936.

José Parente