O Camiño Xacobeo de Braga a Celanova e Santiago I

Camiño I
O Camiño Xacobeo de Braga a Celanova e Santiago I
ORIXES  O camiño Xacobeo da Geira sai de Braga, atravesa a serra do Gêres, pasa por Celanova e enlaza en Ourense co camiño Meridional...

ORIXES 

O camiño Xacobeo da Geira sai de Braga, atravesa a serra do Gêres, pasa por Celanova e enlaza en Ourense co camiño Meridional que ven de Chaves e Sanabria a Santiago de Compostela.

Este antigo roteiro medieval emprega, na maior parte do seu itinerario, o espazo de desenvolvemento de dúas antigas vías romanas: unha da rede viaria primaria, a XVIII, que unía Brácara con Astúrica; e outra da rede secundaria que unía a Querquernia, con Auria e Lucus Augusti.

Elisa María Ferrreira Priegue, no seu estudo sobre Los caminos medievales de Galicia identifícao como el “camino portugués” de Celanova.   

FITOS IMPORTANTES

Os principais impulsores da dinamización xacobea deste itinerario están marcados polo culto a San Rosendo en Celanova, o Santo Cristo de Ourense  e San Trocado, este, primeiro en Santa Comba e logo en con motivo do seu traslado  en Celanova.

A tradición hispánica mozárabe infórmanos que San Trocado foi un dos sete discípulos do apóstolo Santiago, e  segundo o Códice Calixtino, participou no traslado do seu corpo a Compostela. Nese sentido,  que os seus restos se atopen a beira deste camiño, no antigo mosteiro de Santa Comba de Bande, é unha viva testemuña da súa importancia.

A devoción a San Trocado chegaba ao punto de que se rañaba coas unllas o sarcófago para levar parte do pó que se desprendía, do que se dicía que tiña propiedades milagreiras. Esta mesma devoción incrementou o seu poder de convocatoria co polémico traslado das súas reliquias ao mosteiro de Celanova.

Conta a lenda que os monxes do Mosteiro de San Salvador cargaron o sarcófago do Santo nun carro de bois e marcharon cara Celanova, pero chegaron a un punto que non había xeito de que os bois xunguidos avanzasen, polo que os monxes tiveron que deixar o sarcófago e levar só as reliquias.

Neste mesmo itinerario e onde se sitúa a lenda recollida por Ambrosio de Morales no seu “viaje santo” da fundación da ermida de san Trocado, con motivo dun miragre de san Rosendo. Así o recolle Elisa Ferreira no obra citada,  los caminos medievales de Galicia “por el que unos portugueses que habían robado sus reliquias de Celanova y huían por allí en dirección a su tierra, quedaron paralizados sin poder seguir adelante, y allí se levantó la ermita”

Parte dos peregrinos que viñan venerar a San Trocado, a San Rosendo e o Santo Cristo de Ourense, continuaban  camiño de Santiago. Como exemplo temos a testemuña do ano 1255, cando a Raínha Isabel II de Portugal peregrinou a San Salvador de Celanova e logo continuou  a Santiago de Compostela. Feito histórico que lle valeu o calificativo de Camiño da Rainha Santa, a un percurso que se empregou como rota de peregrinación portuguesa a Santiago ata os inicios do século XX, recollendo sobre todo peregrinos do distrito de Braga.